Archivo del Autor: xaolingl

«ESTÍMULOS» CREATIVOS

As necesidades creativas, novas fontes de creación e inventiva e a moda de cada época, andiveron acompañadas durante séculos de estímulos esóxenos que con excesos conduciron a máis dun «artista» ao afundimento e o fracaso. A absenta ou axenxo que se … Seguir leyendo

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

MARTIN WU XAOLIN DO MES

Foi escolleito polo seu apelido xaolinesco e sobretodo pola canción «Quería ser astronauta» que toca co seu grupo The Homens e que entronca co ideal xaolin da levitación sexa cal sexa o xeito de facelo. Non sei se sabe este … Seguir leyendo

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

GRAN CONFUSIÓN COA OPERACIÓN «CARIOCA»

Non cabe dúbida de que a «intelixencia» policial é inconmensurable: Chámanlle operación «Orquesta» a unha trama de corrupción política… Por que? Polo director da «sinfónica» de Galicia? Chi lo sa! Mais o da operación «Carioca» si que xerou ainda máis … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

AS MEDIDAS DE FEIJOO

Pola linguaxe xesticular que emprega, semella que as medidas son de carallo. Desde a «castración» do reino quedounos unha preocupación polas medidas e o tamaño… dos recortes?

Publicado en Pais | Deja un comentario

GALICIA FOCO DEL COCHING

Así lía un titular un veciño de mesa e case automaticamente engadía: San Martiño, cocho, castañas e viño. Claro que Galicia é nestas datas a capital do coching coa cantidade de matanzas programadas. E ademáis, a noticia engadía que este «cochin» … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

COBRÓNS

DES-«CABLEADOS» POR CULPA DOS «COBRÓNS» Non, non nos estamos a referir ás «axencias» de cobro tipo El Torero del Frac ou así. Falamos desas xentes que desde hai uns anos e coa cotización do cobre e a «demanda» dos chineses … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

GALICIA: GRAN COLLEITA DE MARIHUANA

NON SÓ FOI GRANDE A COLLEITA DE UVA ESTE ANO «Eiquí dáse de todo, menos o azafrán» sentenciaban os vellos cando pasaba algo raro ou extaraordinario nun lugar. Mais non é certo, pois o azafrán tamén se dá. Igual que … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

C onde roa: Ínclito alcalde de Santiago

Xa nos sorprendeu pola sua presenza en «acto público» ao aparecer «vestido de gallego» e pola sua xustificación tan «sui generis» do evento. Agora voltou a sorprendernos facendo «acto de presenza», after hours no macro-botellón da sua cidade para reclamar … Seguir leyendo

Publicado en Hailalalelo, Pais | Deja un comentario

XAOLIN DO MES: XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ

XOSÉ ANTÓN FUNDA A ASOCIACIÓN DE VÍTIMAS DO CACIQUISMO (A.V.C.) EN OURENSE   Non podía ser doutro xeito e lugar: Ourense. O noso personaxe non só é desta provincia senón que ademáis unha das «vítimas» da todopodorosa Deputación de Baltar, … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

OS CARTOS VOADORES

Calcúlase que son uns 43.000 millóns de euros os que as grandes fortunas teñen «evadidos». Disto sempre se falou pero por sernos máis próximo, o abraiante é que o informe apunta que isto triplica a fraude que practican as Pymes e … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

UN BERCE ELÉCTRICO NO 1886

A veces hai cousas difíciles de asimilar: Antes de que aquí tivésemos «fluído eléctrico», os ianquis xa se adicaban a xogar con el. No 1886 un deles aproveitou a electricidade (magnetismo) para facer que un berce pendurado se abanease só. … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

PARA NON FACER O INDIO

A superpoboación é un problemón na India (e na China) desde xa hai moitos anos. Os distintos gobernos dos estados poñen en marcha de cando en vez campañas de esterilización masculina para atallar o problema. Lembramos que hai xa corenta … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

RUSOS, BICHOS E RABIA

A que non sabían que os rusos combatían os efectos da rabia, usando como antídoto unha inxesta de coleópteros chamados Cetonia aurata, e comunmente escarabello verde. Estes viven nos xardíns e adícanse a comer o polen e os pétalos das … Seguir leyendo

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

OS BARCOS DOS NARCOS

A necesidade aguza o inxenio e os narcotraficantes que teñen moito tempo libre para pensar, puxéronse a fabricar os artiluxios mariños máis incríbles para «colocar» os seus mortíferos produtos. Non sabemos se algún día, nalgunha localidade das Rias Baixas se … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

MEDIO RURAL: OLLO COA TUTA ABSOLUTA!

Con este nome xa mete medo pero non é máis que unha couza moi pequena pero moi dañina. O seu nome popular é o de couza do tomate (Inscito Tuta absoluta) pero tamén lle chaman couza perforadora, cogolleiro do tomate, verme … Seguir leyendo

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

OS NOVOS XOGOS POPULARES GALEGOS

Definitivamente, a nosa vella cultura popular esmorece… Mentres moitos colectivos andan procurando a recuperación dos nosos ancestrais xogos populares, xorden novas formas de divertimento: o lanzamento de telemoveis, celulares ou «móbiles», sustituindo ao xogo da rá ou a chave. Claro … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

VACACIÓNS XAOLINCIÑOS

Desde hai anos e durante o periodo estival, diversas organizacións solidarias adoitan traer a nenos doutros países a pasar uns dias de lecer na nosa terra. Nenos de Chernobil, saharauis… E nós non podiamos ser menos e decidimos traer (virtualmente) … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

XAOLIN DO MES: JUAN JOSÉ MILLÁS

Por fin alguén se deu de conta dos nosos obxectivos básicos e estes non son outros que o escritor e columnista Juan José Millás, a quen seguimos asiduamente, enuncia nun dos seus artigos. No titulado «El Reino de la Información», Millás … Seguir leyendo

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

A PATACA: UNHA EFEMÉRIDE ESQUECIDA

RIBADEO ESQUECE AO PRIMEIRO IMPORTADOR DA PATACA A GALICIA Actualmente, xa case non quedan dias no calendario para celebrar un DIA DE… Mais, entre esa manchea de efemérides falta unha fundamental : O DIA DA PATACA. Parece mentira! Un alimento … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

XA NON QUEDA PAN PARA TANTO CHOURIZO

Democracia real, Xa! Sacou onte á tarde a centos de cidadáns galegos á rua para demostrar o seu rexeitamento ao modelo político e económico actual. A protesta tivo lugar en Santiago, A Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense e Lugo; e repetiuse, … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

A CHUPA DE CHAPA

Uns investigadores acaban de rematar unha camiseta «intelixente» que vai tecida con pequenos sensores que «monitorizan» as constantes vitais dos pacentes dos hospitais. Agora, os enfermos xa non teñen por que estar atados a unha máquina e poden sair a … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

INCRÍBLE: É DE XUSTIZA?

LADRÓN ABSOLTO POR ENTRAR A ROUBAR POR UNHA VENTÁ «BAIXA» A nosa Xustiza, xa non só pola diferente interpretación das leis «asegún» que xuiz che toque, cada vez sorpréndenos máis. Quen carallo coñecía esta lexislación que di que «entrar a … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

TITULARES CONFUSOS

A frase «ti pensas cos pés» dise moitas veces cando alguén non fala con sentido ou lóxica. Tamén se lle aplica aos futbolistas polo baixo perfil cultural da maioría deles deles e por ser un xogo esencialmente practicado con eses … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

DE GNOMOS E FALCÓNS

EUROPA A MERCEDE DOS GNOMOS Con este titular abría o analista X. Carlos Arias un artigo sobre a banca. Ao rematar de lelo, enteirámonos de moitas cousas pero seguiamos sen saber o porque deste titular. Pois nada, unha licencia, unha … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

A CADEA: UN SITIO IDEAL PARA AFORRAR ENERXÍA

Ao enxeñeiro Javier Sigüenza fixéronlle unha entrevista nun xornal sobre asuntos no que se considera un experto. O xornal en cuestión resaltou nun enxeñoso titular  o resumo da entrevista: «Las prisiones son centros ideales para ahorrar energía». Evidentemente, antes de … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

PAGANOS

Estamos fartos de escoitar chistes sobre galegos nos que estes aparecen como malos pagadores. Todos sabemos que o que son os galegos é aforradores e para iso, certo que a veces se adoptan actitudes que poden parecer «cutres». O caso … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en PAGANOS

AVÉSPORAS CONTRA ABELLAS

    UN XAOLIN «CONTROLANDO» A AVÉSPORA A AVÉSPORA ASIÁTICA CRUZA O BIDASOA! Como se da invasión de Atila se tratase ou como se as tropas napoleónicas saltasen outra vez os Pireneos, Euskadi prepárase para a defensa contra este implacable … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

INVENTOS GALEGOS II: A MALETA SALVAVIDAS

Ainda estaba moi recente o naufraxio do Titanic e eran milleiros de galegos os que embarcaban nos trasatlánticos cara América. A sicose do afundimento pairaba nas mentes daqueles emigrantes… Entón xurdiu o inventor anónimo para tranquilizar á pasaxe de ida… … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

INVENTOS GALEGOS: A «BOIA» SUBMARINA

Corría o ano 1898 e España perdera Cuba a mans dos ianquis. Agora esperábase unha invasión americana das nosas costas que loxicamente eran as nosas, as de Galicia. A ria de Vigo comeza a afortalarse e o industrial e inventor vigués Sanjurjo … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

O «ACCIDENTE DE CADEIRA» DE FRAGA

De certo que houbo moita xente que pensou que Fraga tivera o accidente coa cadeira de rodas. Nas últimas informacións sobre el sempre saía sentado na cadeira e incluso tivo problemas para poder asistir aos actos aos que fora convocado: … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

AAAAÇUCAR!

Incríble, pero certo. Alá polo final do século XIX non debía ser barato obter azúcar en Europa, agás España que a traía das suas colonias, sobretodo de Cuba. Entón, os «científicos» ingleses puxéronse a investigar como obter azúcar barato… E… … Seguir leyendo

Publicado en Tecno | Deja un comentario

FUMAR O PAÍS

Co nome de «País» coñecíase á marihuana que se producía en Galicia alá polos anos setenta. A través da fronteira portuguesa e coa descolonización de Angola e Moçambique chegaron produtos cannábicos como a Liamba ou a Marimba que enraizaron moi … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

QUEN PICA? A FANECA OU O ESCARAPOTE

Este anuncio nunha tenda de Boiro suscitaría un enconado debate a redor de se é a faneca ou o escarapote quen pica aos bañistas. Cientificamente, a faneca e o escarapote non son o mesmo peixe, ainda que os dous se poidan comer. O que ocorre é que ao escarapote chámanlle faneca brava nas Rias Baixas e este peixe é o … Seguir leyendo

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

MOSQUITOS CON RELOXO

  O «EXIPCIO» PATIRRAIADO Senón fose porque son os culpables da epidemia do Dengue, estes mosquitos (aedes aegypti) teñen unha puntualidade xermánica ainda que son propios de América Central e do Sur. Traemos isto a conta pois os horarios de … Seguir leyendo

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

XAOLIN DO MES DE ABRIL 2011

Temos que nomear con todo merecemento a Severino da Estrada non só por ser o dono do Ximnasio Shaolin (Xaolin) senón tamén polo seu empeño en recuperar a Loita Galega. Xunto con outros colegas puxéronse a recabar información sobre esta … Seguir leyendo

Publicado en Deportes extrem | Deja un comentario

NICHOS DE CORES

Sempre se falou das cores da vida, ou de «flipar en cores», pero das cores da morte pouco se ten dito. Bueno, ultimamente xa se ofertan caixas de mortos «tuneadas», reciclables ou con música pero o cemiterio de cores de … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

PARABÉNS ÁS RADIOS DINOSAURIO E CUAC

Desde XA-O-LIN felicitamos a Radio Dinosaurio de Soria polo seu 13 cumpreanos e ao seu «persoal» por facer deste e neste medio, algo máis útil que o que algunhas emisoras veñen facendo (radios libelo). Esta emisora, semellante á Radio Colifata … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

DE VIÑO E AUGA: O RESVERATROL

«Éche como o viño e a auga», non se levan ben. Falso. O novo produto Sybaria está feito con estes dous ingredientes  básicos: Viño tinto (Mencía de Amandi) e auga natural (de Sousas) e tén unha gran liña de uso: … Seguir leyendo

Publicado en Publicidade | Deja un comentario

GALEGOS RACHANDO TÓPICOS

Din as malas línguas foráneas que se te atopas a un galego nunha escaleira, non sabes se sube ou se baixa. Pois que llo digan a Gonzalo Jácome de Ourense que subiu sen parar ao Empire State de Nova York … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

ABELLAS RADAR

Descobren que as abellas reaccionan de xeito extraño, mostrándose moi irritadas ante a inminencia dunha tempestade ou catástrofe. Entón, preguntaranse por que aos xaponeses se lles escapou este dato? Ou… por que os Ruiz Mateos non lle miraron a cara … Seguir leyendo

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

A «XENEROSIDADE» VIGUESA

Sabían que os vigueses están á cabeza en número de donantes do seu corpo ou partes del cando morran? A moitos observadores deste xesto filantrópico que serve para a investigación e os trasplantes e que pode salvar outras vidas, chamoulles … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

GALIÑAS EMPÁTICAS

Segundo un profundo estudo da Universidade de Bristol (Inglaterra) as galiñas senten empatía ou sexa sentimentos contraditorios, negativos. Isto acontécelles cando os pitiños se atopan anguriados. Entón as pitas, churras, polas… reaccionan con respostas fisiolóxicas e de conduta extrañas e … Seguir leyendo

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

UN INVENTO (?) DO SÉCULO (XIX)

No ano 1886 un ghicho anunciaba a invención da MÁQUINA DE DESTILAR AUGA. Loxicamente non daba moitas pistas sobre este marabilloso invento que el facia moi útil para NÁUFRAGOS e PESCADORES AO PAIRO: Non sabemos por que, pero inconscientemente se … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

LADRÓNS DE ESTRADA

Certamente, o titular pode inducir a pensar en bandas organizadas que asaltan aos usuarios das estradas como ben soubemos polas noticias que viña acontecendo. Mais non son eses ladróns: foron uns, ainda descoñecidos quen roubaron 150 metros cadrados de estrada … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

UN GALEGÁRABE: O «CAID» MANOLO

Moi poucos saben (agás o escritor Vázquez Figueroa) que o galego Manuel Rodríguez Piñeiro foi o fundador do protectorado e colonia español de Aiún en África. Hai 70 anos, este paisano chegou (non sabemos como, pero chegou) ao forte militar … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | 2 comentarios

CONCURSO DE FEOS

Un concurso de feos foi finalmente prohibido polas autoridades competentes por FOMENTAR A DISCRIMINACIÓN! Serían as mesmas autoridades que PROHIBEN FUMAR, QUE PROHIBEN IR A MÁIS DE 110, QUE PROHIBEN BEBER, QUE PROHIBEN…?

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

COMO SON OS «CACOS» COLOMBIANOS

Recentemente, dos ladróns de Bogotá foron sorprendidos roubando nun dos barrios pobres da cidade e alguén avisou á policía que iniciou a sua persecución sen poder collelos… Como os ían cachar se os ladróns se refuxiaran no cárcere de La … Seguir leyendo

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

GALICIA: ONDE TODO É POSIBLE

En Vilagarcía van desviar un rio porque pasa por un garaxe. Ainda que o máis lóxico era non deixar facer un garaxe enriba do río, agora a cousa xa está feita e hai que facer como Mahoma: Se a montaña … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

MÁIS NONTICIAS

XOGOS DE GUERRA Na aldea de Viñó (Hio-Cangas) montaron unha empresa de xogos de guerra para (din) desestresarse. Os principais clientes son executivos (executores?) e parellas enfadadas (?) Hai anos, perto de aquí, tamén se montou un negocio semellante. Pero … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

VES BEN OU TÉS QUE POÑER LENTES?

Os anuncios tentan chamar a atención da xente sobre un produto ou marca. Pero hai empresas que xa só co nome se autopublicitan: Este é o caso dunha óptica chamada MIÑOCA. Sabemos que o agudo propietario (e retranqueiro?) lle puxo o … Seguir leyendo

Publicado en Publicidade | Deja un comentario

OS SABIOS DA XUNTA E DE YAHOO

OUTROS CASOS MÁIS DE IGNORANCIA Que á Xunta lle importa tres pementos o galego, xa o demostraron. Que non teñen máis remedio que facer o paripé, tamén. O LEITE É GALEGO E NON GALEGA que eso es la leche! E … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

NONTICIAS ALUCINANTES

O LADRÓN NARCOLÉPTICO Vaia por diante que a narcolepsia non é unha enfermidade dos narcos. Un curioso amigo do alleo foi detido pois mentres roubaba un coche quedou durmido. Dez dias despois foi detido outra vez mentres desvalixaba unha vivenda. … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

A NOSA ESCOLA DE XAOLINCIÑOS

Por primeira vez en moitos anos mostraremos unhas instantáneas das actividades as que se someten e practican os nosos xaolinciños para enfrentarse á dureza da vida fóra do templo. A preparación é exhaustiva e as actividades baséanse nos máis avanzados … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

LOUVANZA DO HIYAB GALEGO

Traemos aquí o caso da moza árabe que a van expulsar do seu colexio en Arteixo porque as normas do centro non permiten ter a cabeza cuberta no seu interior. A alcaldesa o concello di que isto é unha parvada … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

ALEVOSO ASASINATO DUN PORCO XAOLIN

Traemos ao noso Habituario a morte alevosa dun porco vietnamita que residía en Aldán (Cangas), moi lonxe dos seus lares paternos. Fora adoptado por unha familia deste pobo e fozaba a pracer polos arredores da casa de acollida sen meterse … Seguir leyendo

Publicado en Habituario | Deja un comentario

XAOLIN DO MES (Marzo)

DAVID VIDAL (Ex-xogador e entrenador) «O TROTAMUNDOS DE PORTOSÍN» Este galego merece esta distinción por representar a perseverancia ante as dificultades a parte do alto contido filosófico que emana das suas reflexións e comentarios: Xenio e figura! Agora, encara un … Seguir leyendo

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

BENVIDA A UNS NOVOS XAOLÍNS

O curioso do asunto é que el ignórao e nós tampouco o sabiamos -reflexionou o preboste xaolín encargado de localizar xaolíns extraviados polo mundo. O jicho é de Zaragoza e canta en Hi-ho que é a fala dos cuadrúpedos, mais o … Seguir leyendo

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

ENTROIDO XAOLIN

Como andamos no tempo de Entroido, podedes ver aquí como o celebra pola sua conta e risco un xaolín xaponés http://www.youtube.com/watch?v=iIzmU4MsanY

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

CRISANTO NON TIÑA NADA DE SANTO

Como xa sabedes todos, Galicia é un país no que adoita desaparecer a xente: uns emigran, outros van mercar tabaco  e non volven, outros ingresan na Santa Compaña, outros van ao monte ou a pescar e desaparecen… Incluso hai mortos … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

BICHOS RAROS

Nos últimos meses temos recibido un bombardeo de nomes raros de seres que conviven entre nós e mesmo dentro de nós. E… nós sen sabelo. Menos mal que a sabedoría xaolín nos acompaña… Sabiades que Galicia é a única comunidade … Seguir leyendo

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

CACAO MARAVILHÂO

Nun congreso sobre este produto, celebrado en Barcelona, uns empresarios do ramo manifestaron eufóricos que o cacao sería en breve unha fonte de riqueza maior que a do petróleo e a da auga. Baseaban a sua afirmación en que este … Seguir leyendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

POLICIAS EN PRECARIO

Meaño é un pequeno concello da provincia de Pontevedra que conta na plantilla con cinco policías locais. Un día, o alcalde (non sabemos se a petición dos uniformados) armou aos policías con cinco pistolas e mercou 1.000 proxectís (ou sexa … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

CEREBRO DE LAMPREA

Cando o archimandrita xaolín lle chamou «cerebro de lamprea» a un colega non estaba a dicirlle un simple exabrupto pois sabía de sobra que este bicho (a lampreia en luso) tén a seseira menos complexa dos vertebrados. Noutra ocasión, chamoulle «foca monxe» … Seguir leyendo

Publicado en Tecno | Deja un comentario

ENCICLOPEDIA DO CAN

Comentario serodio de taberna con bafo etílico: «E para que queres comprar a enciclopedia se o teu can non sabe ler».

Publicado en Publicidade | Deja un comentario

A BATA CONSOLÍDASE COMO ICONA GALEGA

Por se non fose pouco o xa publicado sobre a bata anteriormente, agora enteirámonos de que mesmo existe unha tese de licenciatura apoiada nun traballo de investigación sobre esta prenda tan peculiar. Xa forma parte da idiosincrasia deste país ata … Seguir leyendo

Publicado en Pais | 1 Comentario

XA-O-LIN HONORARIO

Don Alfonso Rueda, segundo mandamáis da Xunta, merece esta honra pola profunda filosofía que exuda, semellante á dos nosos colegas do templo, e que pretende inculcarlle aos alcaldes e militantes do PP.   Sen dúbida será un exemplo para todos … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

POLIeCIA 3

ENFRENTAMENTO EN CANGAS ENTRE TAXISTAS E POLICIA Durante un «apatrullamento» nocturno, os taxistas reclamáronlle aos «polilocais» que multasen a un vehículo que ocupaba a parada de taxis. Os policias fixeron caso omiso pois ían a atender «outro servizo» d orde … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

VEHÍCULOS XA-O-LIN

A afección do compañeiro «Chapas» polos automóbiles levouno a ir gardando algúns dos vehículos usados polos xaolíns ao longo do tempo. Algúns son restaurados e o máis moderno é un Xaolinmóbil eléctrico usado nas visitas multitudinarias polo Gran Mestre Xa-O-Lin. … Seguir leyendo

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

MOLLANDO A PALLETA

Un monxe do mosteiro Xaolin, coñecido como «O Palletas» porque non para de falar, adicou case toda a sua vida a investigar sobre esta peza fundamental da gaita pois sen ela, a gaita non emite sonidos a non ser o do … Seguir leyendo

Publicado en Hailalalelo | Deja un comentario

Por fin chegará a Wi-Fi o templo co estandard 802.11ac

Os da IEEE pretenden sacar un novo estandard, o 802.11ac, que promete alcanzar unha velocidad de conexión de ata 1Gbps e tamen aumentá a sua area de cobertura. Esperamos asi pode coller o internet da biblioteca municipal,  e mellorar a … Seguir leyendo

Publicado en Tecno | Deja un comentario

O Rivas Mar e o Portela Siete fan aboiar o Nuevo Vencedor

Unha via de auga no casco do Nuevo Vencedor fai que este se afunda a escasos metros do porto. Ao parecer o buque topábase faenando próximo a unhas rochas cando, tras embestir con estas, produciuse unha via de auga que non … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O «MILAGRE» DE PALOMARES

Cúmprense agora 45 anos da caída en Palomares dunha bomba nuclear, desprendida dun avión dos EEUU. Ainda agora, o goberno español e o americano acordaron descontaminar a zona da radioactividade demostrada na zona á que se culpa de doenzas extrañas … Seguir leyendo

Publicado en Pais | 1 Comentario

R. I. P. DON FELISINDO

NECROLÓXICA: El titular de las parroquias de Tamaguelos, Tamagos y Mourazos (Verín), Felisindo Rodríguez Fernández, falleció por complicaciones tras una caída sufrida recientemente en la madrugada de ayer, a los 77 años de edad. La parroquia de Santa María de … Seguir leyendo

Publicado en Habituario | Deja un comentario

EXTRAÑA DESAPARICIÓN DE PEIXES

Un novo estanque estaba a piques de se inaugurar en Lourido (Poio). A tal fin, botaron nel 200 carpas que desapareceron nun prazo dunha semana. Os veciños puxeron en coñecemento das autoridades o misterioso asunto. Así non se podía inaugurar! … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O escritor Labarca mexa na tumba de Borges para «homenaxealo»

O narrador chileno Eduardo Labarca reivindicou a portada do seu máis recente libro, «El enigma de los módulos», na que aparece mexando sobre a tumba do escritor arxentino Jorge Luis Borges. «Quen se vai ofender? Se se ofenden é porque teñen … Seguir leyendo

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

O «CUCO» PORTUGUÉS

De todos é sabido que os ourensáns ao non ter mar, optaron por invadir Vigo primeiro e logo Samil na tempada do estío, basicamente. O que non saben os escasos vigueses con «pedigree» é que esta actitude tén unha compoñente … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

HISTORIAS DE POLI & CIA 2

Uns policías de Tui, apatrullaban a cidade e nun momento baixaron do coche para atender un alboroto. Deixárono encendido e foron a cumprir co seu deber. Cando volveron, o coche non estaba! Tíñanllo sustraído, como din eles. Preguntado un dos … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

HISTORIAS DE POLI & CIA

Ainda hoxe non se resolveu o caso da misteriosa desaparición da coca almacenada nun garaxe do cuartel da Garda Civil do Grove. Os gardas foron expedientados e os albaneis que traballaban en reparacións no garaxe dixeron que eles non foran. … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

SE NON HAI ÁRBORES NON HAI INCENDIOS?

Mentres o alcalde de Caldas de Reis quere ter a carballeira urbana máis bonita de Galicia (Ben de Interese Cultural desde 1962), a Xunta opta pola eliminación de superficies arbóreas non sabemos con que estraña intención. Resulta que en Cascaxide … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O DEMO FUMADOR

Resulta que anos antes da prohibición de fumar, xa se producira un altercado por culpa dun cigarro. Os veciños de Oia (Vigo) tiveron discusión e trifulca co cura da parroquia en plena procesión por culpa dunha tradición que algúns din … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

CAMA PARA PEREZOSOS

Nun manuscrito dos arquivos do templo Xao-Lin, o colega Lang deixou este precioso manuscrito (1885), enteirado de que á vella Europa tiña chegado a civilización do ocio e que a moitos era imposible erguelos da cama. A transcrición do xaolinés é … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

UN EDIFICIO DE LUGO ALEJARÁ A LAS AVES (Atlántico Diario)

OUTRO NIÑO DE LA GUÍA? (Niñodaguia) Nunha primeira ollada, este titular pode causar unha mestura de abraio ao que inmediatamente lle segue unha certa curiosidade morbosa que incita a ler todo o artigo: Un edificio intelixente que axota os paxaros? … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

MILITAR PHILOSOPHIE

A Brilat informa sobre a sua intervención nos incendios e manda a primeira foto. Nas outras seguimos a «filosofía» do pé de foto enviado.

Publicado en Pais | Deja un comentario

PAXAROS CALADOS NON FAN MAL AGOIRO

Este refrán valía hai anos na nosa Galicia supersticiosa pero o que está a pasar con estes voadores xa nos tén mosqueados. Miramos unha vez como nos incríbles Estados Unidos chovían ras e logo dixeron que fora un tornado que … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

A CURIOSA PREDICIÓN DO TEMPO EN PORTUGAL

De todos é sabido que Portugal ainda conserva unhas profundas raíces tradicionais que se mostran a calquera paso que damos pola sua xeografía. O tempo meteorolóxico tamén é nese territorio un tema adoito recorrente en canta conversa se dá. Este … Seguir leyendo

Publicado en Tecno | Deja un comentario

Busqueda de Gas frente la costa gallega

Publicado en Pais | Deja un comentario

PORCA MISSERIA!

O antes e despois do latrocinio organizado Despois de roubarlle un «poni» hai unha semana, agora róubanlle 160 ducias de chourizos e oito xamóns a uns veciños de Pazos (Verín). Non sabemos se comeron o «poni» pero quedou claro que … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

MILAGRE NA IGREXA DE SEOANE

O cura de Seoane no Carballiño notaba algo raro no viño que estaba a usar na misa. Probouno varias veces e sabíalle distinto ao habitual polo que só bendeciu o pan. Pronto deduciu que era LICOR CAFÉ!. Que facía este … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

SABER GALEGO E ENTENDER O GALEGO?

Moita xente presume de que sabe falar e que entende ben o galego. Para mostra un botón: Uns inspectores da Xunta foron a un hospital a preguntar por un paciente do que demandaban certa información pois mudárase a un piso … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

FITNESS AUTÓCTONO

O sistema LEGHON fai furor desde que os humanos se fixeron sedentario. Agora reaparece este ancestral sistema fruto do «apego» á Terra que din que temos os galegos e galegas.

Publicado en Publicidade | Deja un comentario

A BATA DAS MULLERES GALEGAS

Hai xa anos que o sabio Julius se percatou de que nos telexornais comarcais da TV Galega era case obrigada unha entrevista a señoras que andaban a facer as faenas da casa e todas tiñan en común… Que levaban bata!  … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

MODELOS DE ASADORES DE CASTAÑAS USADOS EN GALICIA

Do Courel a Tui, da Coruña á Seabra, nestes meses de outono, os galego despregan toda a su imaxinación e apetito, artellando asadores que melloran a calidade, deseño e funcionalidade dos antigos tixolos. Para que digan que non aplicamos o … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

AS CASETAS CANTORAS DE CANGAS

Antano era a serea de Massó quen marcaba as horas de Cangas, agora é o asubío das casetas de pescadores quen marcan as horas de insmnio dos veciños. Iso si, advirten dos temporais como modernas nereidas solidarias cos mariñeiros. Dous … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

VIQUINGOS EN BUEU E O ASTRONAUTA DE CANGAS

Que se preparen os de Catoira. Polo visto, hai moitos anos, os feroces do norte andiveron de turismo en Bueu. Un deles, abraiado pola fermosa paisaxe, decidiu non esquecerse desta bela vila e dixou o seu nome, segundo se conta, … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

DESCONTENTO CO SEU FÍSICO

Sen ánimo de compararnos coas xentes doutros tempos pois agora hai dietas, pílulas, xaropes e ximnasios para manter o tipo, cabe destacar os consellos que neste tema xa se seguían hai cento cincuenta anos. Ao que se ve, hai cousas … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O ARCEBISPO ROUCO VARELA MONTA UN «CEPILLO» ON-LINE

Como se fose unha lista de voda, Rouco recada cartos na «rede» ou na patela, ofertando 39 «produtos» procedentes da igrexa: copóns, cálices, uniformes… Con isto espera recadar 47 millóns de euros que di que é o que custan estes … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

CANTANDO EN GALEGO NA INDIA

Os nenos da escola María Soliño na India cantan «A saia da Carolina» e «Chorar, chorei». Entanto aquí en Galicia cántase «La falda de Carolina» en castelán. compróbao nestes enlaces

Publicado en Pais | Deja un comentario

Un Monxe Xaolin

O monxe Xaolin se lle vai a cabeza

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

A GHAVOTA OMNIPRESENTE

Todos os da costa sufrimos as consecuencias das ghavotas. As suas «incontinencias» aéreas sufrímolas todos: Na cabeza, na roupa, nos coches… Por iso nos contenta o proxecto do Concello de Vigo  (socialista-nacionalista) ao anunciar con rotundidade que rematarían con esta … Seguir leyendo

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

Vargas Llosa

Vargas Llosa, declara sobre o seu libro e esclarece malentendidos dos galegos. Xa nos copiaron. Máis información en Faro de Vigo, domingo 10 outubro. Julián Hernández escribe sobre «El sueño del Celta».

Publicado en Pais | Deja un comentario