Archivo de la categoría: Pais

GRAN CONFUSIÓN COA OPERACIÓN «CARIOCA»

Non cabe dúbida de que a «intelixencia» policial é inconmensurable: Chámanlle operación «Orquesta» a unha trama de corrupción política… Por que? Polo director da «sinfónica» de Galicia? Chi lo sa! Mais o da operación «Carioca» si que xerou ainda máis … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

AS MEDIDAS DE FEIJOO

Pola linguaxe xesticular que emprega, semella que as medidas son de carallo. Desde a «castración» do reino quedounos unha preocupación polas medidas e o tamaño… dos recortes?

Publicado en Pais | Deja un comentario

GALICIA FOCO DEL COCHING

Así lía un titular un veciño de mesa e case automaticamente engadía: San Martiño, cocho, castañas e viño. Claro que Galicia é nestas datas a capital do coching coa cantidade de matanzas programadas. E ademáis, a noticia engadía que este «cochin» … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

COBRÓNS

DES-«CABLEADOS» POR CULPA DOS «COBRÓNS» Non, non nos estamos a referir ás «axencias» de cobro tipo El Torero del Frac ou así. Falamos desas xentes que desde hai uns anos e coa cotización do cobre e a «demanda» dos chineses … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

GALICIA: GRAN COLLEITA DE MARIHUANA

NON SÓ FOI GRANDE A COLLEITA DE UVA ESTE ANO «Eiquí dáse de todo, menos o azafrán» sentenciaban os vellos cando pasaba algo raro ou extaraordinario nun lugar. Mais non é certo, pois o azafrán tamén se dá. Igual que … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

C onde roa: Ínclito alcalde de Santiago

Xa nos sorprendeu pola sua presenza en «acto público» ao aparecer «vestido de gallego» e pola sua xustificación tan «sui generis» do evento. Agora voltou a sorprendernos facendo «acto de presenza», after hours no macro-botellón da sua cidade para reclamar … Seguir leyendo

Publicado en Hailalalelo, Pais | Deja un comentario

XAOLIN DO MES: XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ

XOSÉ ANTÓN FUNDA A ASOCIACIÓN DE VÍTIMAS DO CACIQUISMO (A.V.C.) EN OURENSE   Non podía ser doutro xeito e lugar: Ourense. O noso personaxe non só é desta provincia senón que ademáis unha das «vítimas» da todopodorosa Deputación de Baltar, … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

OS CARTOS VOADORES

Calcúlase que son uns 43.000 millóns de euros os que as grandes fortunas teñen «evadidos». Disto sempre se falou pero por sernos máis próximo, o abraiante é que o informe apunta que isto triplica a fraude que practican as Pymes e … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

UN BERCE ELÉCTRICO NO 1886

A veces hai cousas difíciles de asimilar: Antes de que aquí tivésemos «fluído eléctrico», os ianquis xa se adicaban a xogar con el. No 1886 un deles aproveitou a electricidade (magnetismo) para facer que un berce pendurado se abanease só. … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

OS BARCOS DOS NARCOS

A necesidade aguza o inxenio e os narcotraficantes que teñen moito tempo libre para pensar, puxéronse a fabricar os artiluxios mariños máis incríbles para «colocar» os seus mortíferos produtos. Non sabemos se algún día, nalgunha localidade das Rias Baixas se … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

OS NOVOS XOGOS POPULARES GALEGOS

Definitivamente, a nosa vella cultura popular esmorece… Mentres moitos colectivos andan procurando a recuperación dos nosos ancestrais xogos populares, xorden novas formas de divertimento: o lanzamento de telemoveis, celulares ou «móbiles», sustituindo ao xogo da rá ou a chave. Claro … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

VACACIÓNS XAOLINCIÑOS

Desde hai anos e durante o periodo estival, diversas organizacións solidarias adoitan traer a nenos doutros países a pasar uns dias de lecer na nosa terra. Nenos de Chernobil, saharauis… E nós non podiamos ser menos e decidimos traer (virtualmente) … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

A PATACA: UNHA EFEMÉRIDE ESQUECIDA

RIBADEO ESQUECE AO PRIMEIRO IMPORTADOR DA PATACA A GALICIA Actualmente, xa case non quedan dias no calendario para celebrar un DIA DE… Mais, entre esa manchea de efemérides falta unha fundamental : O DIA DA PATACA. Parece mentira! Un alimento … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

XA NON QUEDA PAN PARA TANTO CHOURIZO

Democracia real, Xa! Sacou onte á tarde a centos de cidadáns galegos á rua para demostrar o seu rexeitamento ao modelo político e económico actual. A protesta tivo lugar en Santiago, A Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense e Lugo; e repetiuse, … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

A CHUPA DE CHAPA

Uns investigadores acaban de rematar unha camiseta «intelixente» que vai tecida con pequenos sensores que «monitorizan» as constantes vitais dos pacentes dos hospitais. Agora, os enfermos xa non teñen por que estar atados a unha máquina e poden sair a … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

INCRÍBLE: É DE XUSTIZA?

LADRÓN ABSOLTO POR ENTRAR A ROUBAR POR UNHA VENTÁ «BAIXA» A nosa Xustiza, xa non só pola diferente interpretación das leis «asegún» que xuiz che toque, cada vez sorpréndenos máis. Quen carallo coñecía esta lexislación que di que «entrar a … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

TITULARES CONFUSOS

A frase «ti pensas cos pés» dise moitas veces cando alguén non fala con sentido ou lóxica. Tamén se lle aplica aos futbolistas polo baixo perfil cultural da maioría deles deles e por ser un xogo esencialmente practicado con eses … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O «ACCIDENTE DE CADEIRA» DE FRAGA

De certo que houbo moita xente que pensou que Fraga tivera o accidente coa cadeira de rodas. Nas últimas informacións sobre el sempre saía sentado na cadeira e incluso tivo problemas para poder asistir aos actos aos que fora convocado: … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

FUMAR O PAÍS

Co nome de «País» coñecíase á marihuana que se producía en Galicia alá polos anos setenta. A través da fronteira portuguesa e coa descolonización de Angola e Moçambique chegaron produtos cannábicos como a Liamba ou a Marimba que enraizaron moi … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

GALEGOS RACHANDO TÓPICOS

Din as malas línguas foráneas que se te atopas a un galego nunha escaleira, non sabes se sube ou se baixa. Pois que llo digan a Gonzalo Jácome de Ourense que subiu sen parar ao Empire State de Nova York … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

LADRÓNS DE ESTRADA

Certamente, o titular pode inducir a pensar en bandas organizadas que asaltan aos usuarios das estradas como ben soubemos polas noticias que viña acontecendo. Mais non son eses ladróns: foron uns, ainda descoñecidos quen roubaron 150 metros cadrados de estrada … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

GALICIA: ONDE TODO É POSIBLE

En Vilagarcía van desviar un rio porque pasa por un garaxe. Ainda que o máis lóxico era non deixar facer un garaxe enriba do río, agora a cousa xa está feita e hai que facer como Mahoma: Se a montaña … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

MÁIS NONTICIAS

XOGOS DE GUERRA Na aldea de Viñó (Hio-Cangas) montaron unha empresa de xogos de guerra para (din) desestresarse. Os principais clientes son executivos (executores?) e parellas enfadadas (?) Hai anos, perto de aquí, tamén se montou un negocio semellante. Pero … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

OS SABIOS DA XUNTA E DE YAHOO

OUTROS CASOS MÁIS DE IGNORANCIA Que á Xunta lle importa tres pementos o galego, xa o demostraron. Que non teñen máis remedio que facer o paripé, tamén. O LEITE É GALEGO E NON GALEGA que eso es la leche! E … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

NONTICIAS ALUCINANTES

O LADRÓN NARCOLÉPTICO Vaia por diante que a narcolepsia non é unha enfermidade dos narcos. Un curioso amigo do alleo foi detido pois mentres roubaba un coche quedou durmido. Dez dias despois foi detido outra vez mentres desvalixaba unha vivenda. … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

LOUVANZA DO HIYAB GALEGO

Traemos aquí o caso da moza árabe que a van expulsar do seu colexio en Arteixo porque as normas do centro non permiten ter a cabeza cuberta no seu interior. A alcaldesa o concello di que isto é unha parvada … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

CRISANTO NON TIÑA NADA DE SANTO

Como xa sabedes todos, Galicia é un país no que adoita desaparecer a xente: uns emigran, outros van mercar tabaco  e non volven, outros ingresan na Santa Compaña, outros van ao monte ou a pescar e desaparecen… Incluso hai mortos … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

POLICIAS EN PRECARIO

Meaño é un pequeno concello da provincia de Pontevedra que conta na plantilla con cinco policías locais. Un día, o alcalde (non sabemos se a petición dos uniformados) armou aos policías con cinco pistolas e mercou 1.000 proxectís (ou sexa … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

A BATA CONSOLÍDASE COMO ICONA GALEGA

Por se non fose pouco o xa publicado sobre a bata anteriormente, agora enteirámonos de que mesmo existe unha tese de licenciatura apoiada nun traballo de investigación sobre esta prenda tan peculiar. Xa forma parte da idiosincrasia deste país ata … Seguir leyendo

Publicado en Pais | 1 Comentario

XA-O-LIN HONORARIO

Don Alfonso Rueda, segundo mandamáis da Xunta, merece esta honra pola profunda filosofía que exuda, semellante á dos nosos colegas do templo, e que pretende inculcarlle aos alcaldes e militantes do PP.   Sen dúbida será un exemplo para todos … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

POLIeCIA 3

ENFRENTAMENTO EN CANGAS ENTRE TAXISTAS E POLICIA Durante un «apatrullamento» nocturno, os taxistas reclamáronlle aos «polilocais» que multasen a un vehículo que ocupaba a parada de taxis. Os policias fixeron caso omiso pois ían a atender «outro servizo» d orde … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O Rivas Mar e o Portela Siete fan aboiar o Nuevo Vencedor

Unha via de auga no casco do Nuevo Vencedor fai que este se afunda a escasos metros do porto. Ao parecer o buque topábase faenando próximo a unhas rochas cando, tras embestir con estas, produciuse unha via de auga que non … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O «MILAGRE» DE PALOMARES

Cúmprense agora 45 anos da caída en Palomares dunha bomba nuclear, desprendida dun avión dos EEUU. Ainda agora, o goberno español e o americano acordaron descontaminar a zona da radioactividade demostrada na zona á que se culpa de doenzas extrañas … Seguir leyendo

Publicado en Pais | 1 Comentario

EXTRAÑA DESAPARICIÓN DE PEIXES

Un novo estanque estaba a piques de se inaugurar en Lourido (Poio). A tal fin, botaron nel 200 carpas que desapareceron nun prazo dunha semana. Os veciños puxeron en coñecemento das autoridades o misterioso asunto. Así non se podía inaugurar! … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O «CUCO» PORTUGUÉS

De todos é sabido que os ourensáns ao non ter mar, optaron por invadir Vigo primeiro e logo Samil na tempada do estío, basicamente. O que non saben os escasos vigueses con «pedigree» é que esta actitude tén unha compoñente … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

HISTORIAS DE POLI & CIA 2

Uns policías de Tui, apatrullaban a cidade e nun momento baixaron do coche para atender un alboroto. Deixárono encendido e foron a cumprir co seu deber. Cando volveron, o coche non estaba! Tíñanllo sustraído, como din eles. Preguntado un dos … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

HISTORIAS DE POLI & CIA

Ainda hoxe non se resolveu o caso da misteriosa desaparición da coca almacenada nun garaxe do cuartel da Garda Civil do Grove. Os gardas foron expedientados e os albaneis que traballaban en reparacións no garaxe dixeron que eles non foran. … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

SE NON HAI ÁRBORES NON HAI INCENDIOS?

Mentres o alcalde de Caldas de Reis quere ter a carballeira urbana máis bonita de Galicia (Ben de Interese Cultural desde 1962), a Xunta opta pola eliminación de superficies arbóreas non sabemos con que estraña intención. Resulta que en Cascaxide … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O DEMO FUMADOR

Resulta que anos antes da prohibición de fumar, xa se producira un altercado por culpa dun cigarro. Os veciños de Oia (Vigo) tiveron discusión e trifulca co cura da parroquia en plena procesión por culpa dunha tradición que algúns din … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

CAMA PARA PEREZOSOS

Nun manuscrito dos arquivos do templo Xao-Lin, o colega Lang deixou este precioso manuscrito (1885), enteirado de que á vella Europa tiña chegado a civilización do ocio e que a moitos era imposible erguelos da cama. A transcrición do xaolinés é … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

UN EDIFICIO DE LUGO ALEJARÁ A LAS AVES (Atlántico Diario)

OUTRO NIÑO DE LA GUÍA? (Niñodaguia) Nunha primeira ollada, este titular pode causar unha mestura de abraio ao que inmediatamente lle segue unha certa curiosidade morbosa que incita a ler todo o artigo: Un edificio intelixente que axota os paxaros? … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

MILITAR PHILOSOPHIE

A Brilat informa sobre a sua intervención nos incendios e manda a primeira foto. Nas outras seguimos a «filosofía» do pé de foto enviado.

Publicado en Pais | Deja un comentario

PAXAROS CALADOS NON FAN MAL AGOIRO

Este refrán valía hai anos na nosa Galicia supersticiosa pero o que está a pasar con estes voadores xa nos tén mosqueados. Miramos unha vez como nos incríbles Estados Unidos chovían ras e logo dixeron que fora un tornado que … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

Busqueda de Gas frente la costa gallega

Publicado en Pais | Deja un comentario

PORCA MISSERIA!

O antes e despois do latrocinio organizado Despois de roubarlle un «poni» hai unha semana, agora róubanlle 160 ducias de chourizos e oito xamóns a uns veciños de Pazos (Verín). Non sabemos se comeron o «poni» pero quedou claro que … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

MILAGRE NA IGREXA DE SEOANE

O cura de Seoane no Carballiño notaba algo raro no viño que estaba a usar na misa. Probouno varias veces e sabíalle distinto ao habitual polo que só bendeciu o pan. Pronto deduciu que era LICOR CAFÉ!. Que facía este … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

SABER GALEGO E ENTENDER O GALEGO?

Moita xente presume de que sabe falar e que entende ben o galego. Para mostra un botón: Uns inspectores da Xunta foron a un hospital a preguntar por un paciente do que demandaban certa información pois mudárase a un piso … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

A BATA DAS MULLERES GALEGAS

Hai xa anos que o sabio Julius se percatou de que nos telexornais comarcais da TV Galega era case obrigada unha entrevista a señoras que andaban a facer as faenas da casa e todas tiñan en común… Que levaban bata!  … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

MODELOS DE ASADORES DE CASTAÑAS USADOS EN GALICIA

Do Courel a Tui, da Coruña á Seabra, nestes meses de outono, os galego despregan toda a su imaxinación e apetito, artellando asadores que melloran a calidade, deseño e funcionalidade dos antigos tixolos. Para que digan que non aplicamos o … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

AS CASETAS CANTORAS DE CANGAS

Antano era a serea de Massó quen marcaba as horas de Cangas, agora é o asubío das casetas de pescadores quen marcan as horas de insmnio dos veciños. Iso si, advirten dos temporais como modernas nereidas solidarias cos mariñeiros. Dous … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

VIQUINGOS EN BUEU E O ASTRONAUTA DE CANGAS

Que se preparen os de Catoira. Polo visto, hai moitos anos, os feroces do norte andiveron de turismo en Bueu. Un deles, abraiado pola fermosa paisaxe, decidiu non esquecerse desta bela vila e dixou o seu nome, segundo se conta, … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

DESCONTENTO CO SEU FÍSICO

Sen ánimo de compararnos coas xentes doutros tempos pois agora hai dietas, pílulas, xaropes e ximnasios para manter o tipo, cabe destacar os consellos que neste tema xa se seguían hai cento cincuenta anos. Ao que se ve, hai cousas … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

O ARCEBISPO ROUCO VARELA MONTA UN «CEPILLO» ON-LINE

Como se fose unha lista de voda, Rouco recada cartos na «rede» ou na patela, ofertando 39 «produtos» procedentes da igrexa: copóns, cálices, uniformes… Con isto espera recadar 47 millóns de euros que di que é o que custan estes … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

CANTANDO EN GALEGO NA INDIA

Os nenos da escola María Soliño na India cantan «A saia da Carolina» e «Chorar, chorei». Entanto aquí en Galicia cántase «La falda de Carolina» en castelán. compróbao nestes enlaces

Publicado en Pais | Deja un comentario

Vargas Llosa

Vargas Llosa, declara sobre o seu libro e esclarece malentendidos dos galegos. Xa nos copiaron. Máis información en Faro de Vigo, domingo 10 outubro. Julián Hernández escribe sobre «El sueño del Celta».

Publicado en Pais | Deja un comentario

Alerta castaña

Chegou o temporada das aletras por vento e chuva, que si alerta laranxa, ou alerta vermella, o mais indicado seria  a alerta castaña. Chegou o tempo de todos os outonos o tempo da castaña.

Publicado en Pais | Deja un comentario

O GATO RAIADO

Este gato agotou as sete vidas na estrada e o seu cadáver foi raiado por unha máquina de pintar as estradas sen que o operario se dignase retiralo. Xa non hai compaixón… Ao menos que lle poñan unha cruz como … Seguir leyendo

Publicado en Pais | Deja un comentario

A MEGACADEIRA SUIZA

Está ubicada na praza das Nacións de Xenebra desde hai anos…Pero está coxa dunha pata.

Publicado en Pais | Deja un comentario

Retiraron la silla de Moaña

Los autores retiran la silla gigante colocada en Meira, esta decision es debida a las presiones del colectivo ecologista Luita Verde. Los vecinos se manifiesta en contra de la decision tomada por los artistas Mas informacion en: /www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2010/09/28/artistas-retiran-silla-dio-vuelta-espana/476516.html

Publicado en Pais | Deja un comentario