«ESTÍMULOS» CREATIVOS

As necesidades creativas, novas fontes de creación e inventiva e a moda de cada época, andiveron acompañadas durante séculos de estímulos esóxenos que con excesos conduciron a máis dun «artista» ao afundimento e o fracaso.

absentaA absenta ou axenxo que se coñece en Galicia como Madroa ou Herba da Nosa Señora é unha bebida alcohólica de toque anisado amargo e de cor verduxenta polas herbas que a xeran (basicamente Artemisia Absinthium). Foi alcumada en Francia, onde era moi consumida, como la Fée Verte (‘A fada verde’) e tamén como o Demo Verde, segundo os efectos que produce en quen a toma. Bébese, ritualmente, engadíndolle auga fría e azúcar formando unha sustancia leitosa (louche) e o seu consumo e efección sempre se relacionou coa imaxinación e creatividade demandada polos artistas e literatos de finais do XIX e comezos do XX. Durante a Belle Époque, a marca Pernod foi sinónimo de absenta, quedando o seu consumo gravado en cadros e os seus efectos en non poucas obras literarias, sobretodo poéticas. En 1915, Francia prohibiu a sua elaboración: Estar ausente ou ser un absentista son palabras relacionadas con este produto e os seus efectos. Arthur Rimbaud escribiu sobre ela: Son a Fada Verde, o meu vestido é a cor desesperanza, son a ruina e a dor.

Nestas datas en España, conmocionada ainda pola perda de Cuba, os nosos escritores tamén acudiron á moda da absente, ainda que ao noso Valle Inclán semella que lle ía mellor a fumeta de herba coma un precoz hyppie: Dóces velenos, herbas letais, de paradisos artificiais. A todos vence a marihuana que dá a ciencia do Ramayana…

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

MARTIN WU XAOLIN DO MES

Foi escolleito polo seu apelido xaolinesco e sobretodo pola canción «Quería ser astronauta» que toca co seu grupo The Homens e que entronca co ideal xaolin da levitación sexa cal sexa o xeito de facelo. Non sei se sabe este mozo de Burela que tamén se nos colou (non reclamou nada) o verdadeiro Martin Wu, un biólogo de Wisconsin con face xaolinesca auténtica. Pero que carallo… Quedamos co Wu de Bu…rela!

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

GRAN CONFUSIÓN COA OPERACIÓN «CARIOCA»

Non cabe dúbida de que a «intelixencia» policial é inconmensurable: Chámanlle operación «Orquesta» a unha trama de corrupción política… Por que? Polo director da «sinfónica» de Galicia? Chi lo sa! Mais o da operación «Carioca» si que xerou ainda máis confusión: Moitos galegos pensaron que era unha redada contra o furtivismo e resulta que era contra a prostitución. Que había brasileiras? Vale. Pero eran todas do Rio de Janeiro (cariocas)? Vexamos outras acepcións deste nome ou adxectivo para saber un pouco máis… ou menos…

Publicado en Pais | Deja un comentario

AS MEDIDAS DE FEIJOO

Obsesión polo tamañoPola linguaxe xesticular que emprega, semella que as medidas son de carallo. Desde a «castración» do reino quedounos unha preocupación polas medidas e o tamaño… dos recortes?

Publicado en Pais | Deja un comentario

GALICIA FOCO DEL COCHING

EXERCICIO DE COCHING

Así lía un titular un veciño de mesa e case automaticamente engadía: San Martiño, cocho, castañas e viño. Claro que Galicia é nestas datas a capital do coching coa cantidade de matanzas programadas. E ademáis, a noticia engadía que este «cochin» era unha excelente práctica para executivos que o noso veciño confundiu con executores, ou sexa matachíns. E para que quererán adquerir máis habilidades e capacidades? Haberá novos sistemas de matanza de última xeración que esixen uns cursiños?

Publicado en Pais | Deja un comentario

COBRÓNS

DES-«CABLEADOS» POR CULPA DOS «COBRÓNS»

MODUS OPERANDI - COBRE DO AVE - MONTE DE COBRE

Non, non nos estamos a referir ás «axencias» de cobro tipo El Torero del Frac ou así. Falamos desas xentes que desde hai uns anos e coa cotización do cobre e a «demanda» dos chineses (ao que se ve, son cobrizos e non amarelos como nos contaron na escola franquista) se adican a roubar COBRE: Desmantélannos os tendidos eléctricos, telefónicos, alumados públicos, tractores, coches… e ata as minipimers se se lles tercia. É tal a sua voracidade e dilixencia que xa «mangan» ata o tendido do AVE recén posto e incluso antes de poñelo. Antes actuaban de noite pero agora vístense de «operarios» e deixan sen servizo eléctrico a un pobo enteiro a plena luz do día. E así se produce o milagre consecuente: Dunha furgoneta e non sabemos como (na «fregoneta» seguro que non) o cobre chega á China e despois unha boa parte del volven a vendérnolo nos circuítos dos ordenadores que mercamos e noutros produtos. Negocio redondo! Porque é de ida e volta… E como para «cablearse» con estes «cobróns»!

Xa sabemos que este problema é estatal -díxoo Rubalcaba e xa se sabe… Pero temos unha especial preocupación, ainda non observada (ou si, vai saber) polos «cobróns»: E é que cheguen a arrasar poboacións galegas como Cobraña, Cobreiros ou Santo Andrés e Santa Cristina de Cobres! Que se encomenden a quen sexa! Ou que fagan turnos de vixilia nocturna…

 

Publicado en Pais | Deja un comentario

GALICIA: GRAN COLLEITA DE MARIHUANA

NON SÓ FOI GRANDE A COLLEITA DE UVA ESTE ANO

OS ESPECIALISTAS FACENDO A COLLEITA

«Eiquí dáse de todo, menos o azafrán» sentenciaban os vellos cando pasaba algo raro ou extaraordinario nun lugar. Mais non é certo, pois o azafrán tamén se dá. Igual que as feixoas, as berenxenas, os kiwis, o lúpulo, as laranxas, as chirimoias ou as guaiabas… E se se dan tan exóticos frutos por que non se ía dar ben a «María». Xa comentamos que o cultivo desta planta exótica vén de vello e que incluso de bautizou como «País». Pero o que xa é extraordinario son as inxentes apreensións desta «herba» por toda a xeografía galega de norleste a sudoeste (Rianxo, Portas, Oia, Valadares…) e non só no Porriño que semella ser o lugar máis idóneo para este cultivo, ademáis de Porreiro (o monte), Porráns ou Porriñeiro, todos lugares alusivos ao «asunto». Que investiguen (os servizos de intelixencia) o por que destes sospeitosos nomes e quizais dean coa orixe (viveiros) da enorme extensión que esta planta está a alcanzar en Galicia (o noso «país»). Nota: As autoridades sanitarias avisan que non porque «coloca» se debe fomentar entre os parados.

Publicado en Pais | Deja un comentario

C onde roa: Ínclito alcalde de Santiago

O HÁBITO NON FAI AO MONXE

Xa nos sorprendeu pola sua presenza en «acto público» ao aparecer «vestido de gallego» e pola sua xustificación tan «sui generis» do evento. Agora voltou a sorprendernos facendo «acto de presenza», after hours no macro-botellón da sua cidade para reclamar «in situ» datos sobre este ritual xuvenil dos últimos anos.

Mais o que nos deixou abraiados foi a resposta a unha pregunta sobre o uso da língua galega: Di que tamén o sabe falar porque «aprendí gallego de pequeño en Padrón. Mi abuelo tenía una pequeña finca junto a la casa de Rosalía de Castro». Imos ver, imos ver… Esta a dicir que esa finca outorga poderes políglotas como as línguas de fogo que llos deron aos apóstoles? Quérenos dicir que esta finca por estar ao lado da casa de Rosalía (santa Rosalía?) posúe este benéfico don? Pois xa saben os da Mesa pola Normalización Lingüistica, os do ILGA, os da Academia e os dos equipos de Normalización (perdón, Dinamización(?) Lingüistica, etc. onde resolver o problema do castrapismo en Galicia: Organicemos excursións tal cual romaría milagreira a ese bendito lugar. Iso si, antes hai que pedirlle permiso ao señor Conde.

Publicado en Hailalalelo, Pais | Deja un comentario

XAOLIN DO MES: XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ

XOSÉ ANTÓN FUNDA A ASOCIACIÓN DE VÍTIMAS DO CACIQUISMO (A.V.C.) EN OURENSE

O PERSONAXE E A DEPUTACIÓN FOTO SANTI M. AMIL

 

Non podía ser doutro xeito e lugar: Ourense. O noso personaxe non só é desta provincia senón que ademáis unha das «vítimas» da todopodorosa Deputación de Baltar, lugar que solicitou para presentar a Asociación e como non podía ser menos, foille denegado.

Velaquí os seus principios fundacionais: «Impulsar o recoñecemento social de todas as vítimas do caciquismo froito da mala praxe das castes políticas galegas, denunciar as cacicadas realizadas polos responsables das Administracións públicas sen discriminar por cores políticas, ser unha canle que serva para esixir responsabilidades políticas e xudiciais -cando fora o caso- ás persoas que realizasen accións dirixidas a beneficiar a outras, ao tempo que realizar accións proactivas encamiñadas a prestar servizos de apoio psicolóxico e xurídico ás vítimas do caciquismo».

Máis información:  http://caciquismo.blogspot.com/2011/09/onha-onda-caciquil-arrasa-coa.html   e

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/09/24/0003_201109G24P11991.htm

Publicado en Pais | Deja un comentario

OS CARTOS VOADORES

Calcúlase que son uns 43.000 millóns de euros os que as grandes fortunas teñen «evadidos». Disto sempre se falou pero por sernos máis próximo, o abraiante é que o informe apunta que isto triplica a fraude que practican as Pymes e os autónomos, é dicir, outros 15.000 millóns de euros! Así non nos extraña o da crise. O grave é cando un «pagano» normal se equivoca nuns euros na declaración da renda: Cáelle todo o peso da Lei e case aparece como un delincuente. Por que non empezan por arranxar ista inmoralidade! E ainda nolo contan!

COPA DO MUNDO

Máis ainda: Resulta que os políticos alemáns aconséllannos que para axudar a resolver a crise, o estado debe vender o ouro (só supón o 1% do PIB español). Se arranxa, que se faga pero a COPA DO MUNDO DE FUTBOL É NOSA! -dixo furibundo un furboleiro ao enteirarse da noticia.

Publicado en Pais | Deja un comentario

UN BERCE ELÉCTRICO NO 1886

O BERCE ELÉCTRICO

A veces hai cousas difíciles de asimilar: Antes de que aquí tivésemos «fluído eléctrico», os ianquis xa se adicaban a xogar con el. No 1886 un deles aproveitou a electricidade (magnetismo) para facer que un berce pendurado se abanease só. Simplemente lle colocou unha áncora de ferro que era atraída alternativamente por dous imáns. Pero a cousa non quedou aí, senón que enchufou dous arames no colchón polos que en condicións normais non circula electricidade pero ao se humedecer este, aumentaba a condutividade do colchón e isto facía soar un timbre que avisaba de que o meniño se mexara. Incrible. Hoxe non hai nada diso. Só unha dúbida: Podería electrocutarse o bebé?

Publicado en Pais | Deja un comentario

PARA NON FACER O INDIO

NON É UN COCHE FAMILIAR, CLARO!

A superpoboación é un problemón na India (e na China) desde xa hai moitos anos. Os distintos gobernos dos estados poñen en marcha de cando en vez campañas de esterilización masculina para atallar o problema. Lembramos que hai xa corenta anos regalábanlle un transistor (radio portátil) a quen se sometía á esterilización. Agora co paso dos anos en Pali, no distrito de Jhunjhunnu xa se fan 10.000 operacións ao ano. Claro que os regalos tamén mudaron e agora os premios (sorteos) van desde un coche Tata nano ata teléfonos móbiles, televisores, motos, batedoras ou cartos en metálico que son 250 euros para os homes e 154 euros para as mulleres se deron a luz unha nena. En Europa, a esterilización (vasectomía) é voluntaria e mesmo reversible pero non estaría mal aplicarlla a algúns que andan a fodernos a día de hoxe.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

RUSOS, BICHOS E RABIA

o escarabello verde

A que non sabían que os rusos combatían os efectos da rabia, usando como antídoto unha inxesta de coleópteros chamados Cetonia aurata, e comunmente escarabello verde. Estes viven nos xardíns e adícanse a comer o polen e os pétalos das flores de onde proveñen os seus efectos curatorios. Non se trata de que cando sintan rabia (co que nos cae xa case é unha enfermidade crónica) se metan un bocata destes bichos senón que é para cando un can rabioso ou hidrofóbico te morde. Ollo! Cans destes xa non hai moitos pero persoas rabiosas ainda andan soltas unhas cantas! Así que xa saben…

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

OS BARCOS DOS NARCOS

MACROLANCHA E SUBMARINO

A necesidade aguza o inxenio e os narcotraficantes que teñen moito tempo libre para pensar, puxéronse a fabricar os artiluxios mariños máis incríbles para «colocar» os seus mortíferos produtos.

SUMERXIBLE MADE IN GALICIA

Non sabemos se algún día, nalgunha localidade das Rias Baixas se fará un museo do contrabando e do narcotráfico. Mais do que non cabe dúbida é de que só cos coches, lanchas, mansións e demais artiluxios que usaron xa se facía unha atractiva exposición.

Publicado en Pais | Deja un comentario

MEDIO RURAL: OLLO COA TUTA ABSOLUTA!

larva da tuta e dano

Con este nome xa mete medo pero non é máis que unha couza moi pequena pero moi dañina. O seu nome popular é o de couza do tomate (Inscito Tuta absoluta) pero tamén lle chaman couza perforadora, cogolleiro do tomate, verme minador do tomate ou minador de follas e talos da pataca. Vaia apelativos! Para porse a tremer! Este lepidóptero está moi  extendido por  América do Sur e agora chegounos a Galicia creando alarma entre os agricultores. Din que non aparece por enriba dos 1.000 metros de altitude, nin en zonas de temperaturas baixas, xa que seica non aguanta o frío: Bueno, ideal para instalarse no noso país. É unha praga para os cultivos de tomate, pataca podendo hospedarse tamén na berenxena De alto potencial reproductivo (poden chegar ás 12 xeneracións nun ano), os adultos son de hábitos nocturnos mentres que durante o día escóndense normalmente entre as follas. A femia pón entre 40-50 huevos durante a sua vida, chegando nalgúnhas ocasións deica os 260 ovos. Pero tranquilos, amigos labregos, A Consellería de Medio Rural xa está alerta: Xa colocou inmediatamente unha trampa en cada invernadoiro! Non sabemos como son estas trampas pero imaxinamos aos funcionarios da Consellería (un por invernadoiro) agardando que chegue a couza e arrearlle unha super dose de seta-seta (enténdase ZZ do Porriño).

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

OS NOVOS XOGOS POPULARES GALEGOS

Definitivamente, a nosa vella cultura popular esmorece… Mentres moitos colectivos andan procurando a recuperación dos nosos ancestrais xogos populares, xorden novas formas de divertimento: o lanzamento de telemoveis, celulares ou «móbiles», sustituindo ao xogo da rá ou a chave. Claro que neste caso, a competición tiña como fin recadar cartos para a festa de Oseira, vendendo os aparellos.

A VACA FELISA "DEPOÑENDO"

Menos tecnolóxico foi o sorteo de 1.000 euros en Vilar (Crecente) polo sistema de «a caca da vaca». Por tres euros escollíase o número dunha das 1008 cuadrículas nas que estaba dividido o terreiro da festa. Ás 18 horas soltouse a Felisa e onde depositase a bosta sinalaba a cuadrícula do gañador/a. O caso foi que a vaca, que só se demorou dous minutos (que lle darían de comer?), pensando que era unha diana, fixo a deposición no mesmo centro do eixo de catro cuadrículas co que o «premio» (os cartos, non a bosta) tivo que ser repartido.

Xa lonxe destes pagos, na Rioxa, tamén tivo lugar unha curiosa carreira de caracois, cadanseu arrastrando unha lata de pementos de 350 gramos.  Así levan desde hai 25 anos: Promocionando os pementos da terra… Que non só vai ser todo viño! Mais isto das carreiras (hai quen lle chama «ralis») está moi extendido por Navarra, Cantabria, País Vasco… e Europa, existindo incluso unha federación, a FECC: Federación Europea de Competicións de Caracois. Ver para crer!

Publicado en Pais | Deja un comentario

VACACIÓNS XAOLINCIÑOS

XAOLINCIÑOS EN RODEIRA

Desde hai anos e durante o periodo estival, diversas organizacións solidarias adoitan traer a nenos doutros países a pasar uns dias de lecer na nosa terra. Nenos de Chernobil, saharauis… E nós non podiamos ser menos e decidimos traer (virtualmente) a uns nenos xaolins, aproveitando que andaba por aquí o «lama» Nedjorpa Antonio de Bueu. Así, sen máis…

 
Publicado en Pais | Deja un comentario

XAOLIN DO MES: JUAN JOSÉ MILLÁS

J. J. MILLÁS

Por fin alguén se deu de conta dos nosos obxectivos básicos e estes non son outros que o escritor e columnista Juan José Millás, a quen seguimos asiduamente, enuncia nun dos seus artigos. No titulado «El Reino de la Información», Millás case vén definir a «liña editorial» destas páxinas Xaolin (ya lo leí, en castellano). Resumimos algo do que di: -As noticias absurdas tamén teñen éxito. -Non teñen menos calidade que as normais. –O grao de noticiosidade (vaia «palabro») dun acontecemento é directamente proporcional á cantidade de absurdo que conteña. Está claro que esta aseveración tan ben postiña vai ser o lema da nosa páxina desde hoxe.  Para ler todo o artigo:

http://www.farodevigo.es/opinion/2011/08/09/reino-informacion/570012.html

Neste blog de Navia de Suarna

http://socialistasdenavia.blogspot.com/2009/05/millas-aznar-no-ha-escrito-ningun-libro.html

recollen unha palabras de Millás no programa la Ventana dicindo que

LAMAZNAR (BARRIZAL)

Aznar non tiña escrito un libro na sua vida. Isto pode que sexa certo (nos nin limos nin leremos ningún) pero a foto co «bigotiños» vestido de Xaolin non nos fixo moita graza, ainda que admitimos o que ten de absurda pero tamén de verdade: Aznar vai de LAMA que en galego significa barro, auga suxa…

 
Publicado en Pagoda | Deja un comentario

A PATACA: UNHA EFEMÉRIDE ESQUECIDA

TORTILLA Á BASCA

RIBADEO ESQUECE AO PRIMEIRO IMPORTADOR DA PATACA A GALICIA

Actualmente, xa case non quedan dias no calendario para celebrar un DIA DE… Mais, entre esa manchea de efemérides falta unha fundamental : O DIA DA PATACA. Parece mentira! Un alimento tan importante e que en épocas pasadas librou a tanta xente da fame: Irlandeses, galegos… E que os franceses elevaron (Parmentier por medio) a excelencia culinaria na que a raíña foi a escasa omelete (tortilla en español) superada en España pola consistente de patacas con numerosos aditivos. No 1970 xa se cumpriran catrocentos anos da sua chegada a España pero foi Florentino Fernández Tablas quen no terceiro centenario da sua chegada, atribuíulle a un seu antepasado, instalado en América, o cultivo das primeiras patacas en Ribadeo. Aos descendentes deste galego sempre se lles chamou desde aquela «Os Pataqueiros» e no 1886, Ribadeo celebrou con honra o terceiro centenario desta «fazaña» que permitiu ir mudando o consumo de castaña polo da pataca: Loor e gloria aos nosos heroes! Pero por que non volven a celebrar esta festa (outra máis!) e contratan ao grupo de «reggae» POTATO? Queda dito.

 
Publicado en Pais | Deja un comentario

XA NON QUEDA PAN PARA TANTO CHOURIZO

Democracia real, Xa! Sacou onte á tarde a centos de cidadáns galegos á rua para demostrar o seu rexeitamento ao modelo político e económico actual. A protesta tivo lugar en Santiago, A Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense e Lugo; e repetiuse, asemade, en máis de medio cento de cidades españolas coa participación dun público de distintas idades que respondeu ao chamado desta nova plataforma ciudadá, que se declara apartidista e aposta por unha «revolución ética», co lema central de: Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros. Todos á rúa. O asalto ao vestíbulo dun xornal de Santiago e as detencións dalgúns participantes en Madrid empañaron estas protestas pois desde algúns medios se tildou esta convocatoria de violenta:

Violentos?
Din que somos violentos que escribimos violento, que falamos violento…
Non estou de acordo:

Violentos son os BOEs, os luns ao sol ou á sombra.
Violentas son as sua leis, as ETTs, as colas do INEM, o sorriso das suas señorías…
Violentos son os falsos discursos pacifistas, as “accións democratizadoras”…
Violentas son as sua excelencias, as pensións de 3 cifras, as tarifas da luz, da auga e do gas…

Violenta é a privatización dos servizos públicos esenciais: medicina, ensino, transportes…
Violentos son os seus informativos os seus libros de texto, os seus plans de estudo…
Violentas son as urbanizacións, as recalificacións, as reestructuracións…

Violentos son os executivos de grandes soldos e prebendas…

Violenta é a actuación das multinacionais…
Violentos son os EREs, os traxes escuros, os caciques…
Eles.
Nós, non!
Nós somos agresivos porque somos como animais feridos que se protexen e atacan.
Así nos quere a natureza: vivos!.

Publicado en Pais | Deja un comentario

A CHUPA DE CHAPA

UN ALBANEL "MONITORIZANDO" A CAMISETA

Uns investigadores acaban de rematar unha camiseta «intelixente» que vai tecida con pequenos sensores que «monitorizan» as constantes vitais dos pacentes dos hospitais. Agora, os enfermos xa non teñen por que estar atados a unha máquina e poden sair a pasear ou dar unha volta por aí. Claro que para o pacente incumplidor é unha leria pois se toma un viño ou se pasa coa comida, ao mellor aparécelle un helicóptero o unha ambulancia medicalizada en menos que canta un galo. Esta tecnoloxía inarámica tén un custe moi baixo e ademáis a camiseta pode lavarse, lembrándose sempre de sacarlle o aparello de comunicación para que non vaia ´´a lavadora.

Publicado en Pais | Deja un comentario

INCRÍBLE: É DE XUSTIZA?

MANDA TRUCO!

LADRÓN ABSOLTO POR ENTRAR A ROUBAR POR UNHA VENTÁ «BAIXA»

A nosa Xustiza, xa non só pola diferente interpretación das leis «asegún» que xuiz che toque, cada vez sorpréndenos máis. Quen carallo coñecía esta lexislación que di que «entrar a roubar por unha ventá, fiestra ou xanela de menos dun metro non é delito» e que se tén máis dun metro de altura a ventá, cáeche un ano e nove meses de cárcere! Este ladrón, como os demáis do gremio deben coñecer estas leis mellor ca nós: Por experiencia! Cousas veredes… Este amigo do alleo librouse por vinte centímetros! Coidado coas bufardas, tragaluces, carboeiras e… ata gateiras: Se o caco entra a roubar por elas é porque llo puxestes «a guevo»… Que así, ainda que o amigo do alleo teña toda a intención de roubar, vén o xuiz e diche que non que o susodito só che quería ver a casa ou a decoración. Manda carallo na Habana!
Publicado en Pais | Deja un comentario

TITULARES CONFUSOS

A frase «ti pensas cos pés» dise moitas veces cando alguén non fala con sentido ou lóxica. Tamén se lle aplica aos futbolistas polo baixo perfil cultural da maioría deles deles e por ser un xogo esencialmente practicado con eses membros: De aí balompé, por se «furbo» non queda claro en «espanglis». No caso dos animais, podería pensarse que os que teñen aletas son máis listos e de aí a competencia dos hu8manos creando o mergullador (hombre-rana en castelán)…. Pois non, o titular só se refire ao resume dunha charla que viña a concluir que os seres vivos alcanzaron máis intelixencia ao viaxar, ao desprazarse, ao coñecer cousas e lugares novos.

Sendo romana, xa hai que deducir que en moi bo estado non se atopaba. Outra cousa é que pagase a pena recuperala ou non.

É ben fácil adiviñar que foron os trasnos da imprensa os autores do «gazapo» pero o neoloxismo «Atomóvil» é un gran achado e de gran contribución á lingüistica e á automoción modernas. Atomóvil: Dise do coche minúsculo (cada vez son máis pequenos) e tamén se di daqueles coches que ao mellor funcionan con enerxía nuclear (Deus non queira). Si señor, moi axeitado o palabro!

Publicado en Pais | Deja un comentario

DE GNOMOS E FALCÓNS

EUROPA A MERCEDE DOS GNOMOS

GNOMO DE INTERESE

Con este titular abría o analista X. Carlos Arias un artigo sobre a banca. Ao rematar de lelo, enteirámonos de moitas cousas pero seguiamos sen saber o porque deste titular. Pois nada, unha licencia, unha aportación literaria a tan farragoso tema resumida no titular: Os gnomos son cada un dos ananos fantásticos ou xenios elementais da Terra, en cuxas entrañas moran traballando nas minas, custodiando os tesouros soterráns e coidando dos metais e pedras preciosas. Noutro artigo chámanlle ao Banco Central Europeo o Superfalcón encargado de vixiar e controlar a economía da UE en mans de pequenas e grandes aves de rapina hai uns anos adictas ao crédito fácil, sobretodo coas empresas inmobiliarias ou do «ladrillo». Agora que xa non pinta tan ben, os bancos deben «desendeudarse» (vaia palabro) pero o curioso é que os activos inmobiliarios con que contan nen os rebaixan nen os venden a prezo, pensando nunha reactivación futura do sector(?) Para iso, algunhas caixas e bancos crean o que se chama un «Banco malo» (hai bancos bos?) no que se armacenan os saldos negativos procedentes do bun do ladrillo. De coña! E ainda por riba, os gobernos, cos cartos dos contribuintes «saen ao seu rescate». E pensar que hai uns anos, atopabas a alguén saindo do banco e dicíache: «Son caralludos estes do banco. Acaban de concederme un préstamo como se nada». Agora, nen préstamos hipotecarios, nen créditos de ningunha clase. Claro que o das hipotecas tamén tén a sua coña en relación ás separacións e divorcios. Estes poden exercerse, non sen fatigas por medio, ráchase cunha relación e xa está. Pero o da hipoteca é o que Millás lle chama o «vínculo hipotecario indisoluble» máis forte que o sacramento do matrimonio pois podes estar atado a el (a parella) de por vida. E logo está o tema do branquexado de capitais que se fixo nos bancos e que prexudicou en moito ás economías de moitos países. Como xa se preguntan en Portugal: Por que os bancos tributan menos que a tenda do barrio? E ainda encima, a caída da ilusión europea, unión tamén hipotecada por pacatos intereses, populismo exacerbado e puro cálculo electoral dunha clase política que xa só pensa a curto prazo. Que panorama! Nunca os fados (serán os gnomos) nos viñeron tan tortos!

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

A CADEA: UN SITIO IDEAL PARA AFORRAR ENERXÍA

PRESO AFORRANDO ENERXÍA

Ao enxeñeiro Javier Sigüenza fixéronlle unha entrevista nun xornal sobre asuntos no que se considera un experto. O xornal en cuestión resaltou nun enxeñoso titular  o resumo da entrevista: «Las prisiones son centros ideales para ahorrar energía». Evidentemente, antes de ler a entrevista, xa estabamos pensando en, de que iría a cousa pois é obvio que estar sen facer nada tén que lle aforrar moita enerxía aos presos.  Sería unha nova campaña de aforro do Goberno ou dalgunha «autonomía intelixente»? Nada diso, o enxeñeiro referíase a que se poderían aforrar millóns de euros en gasto enerxético se se aplicasen determinadas medidas (illamento, luz, gas, calefacción…) nos edificios públicos. aeroportos, portos, estacións, cuarteis, oficinas e… cárceres. Di que a sua empresa tén as solucións e ademáis que estas medidas crearían postos de traballo. O titulador ou tituladora, sen dúbida, tén retranca abondo para atraer a atención do lector.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

PAGANOS

Estamos fartos de escoitar chistes sobre galegos nos que estes aparecen como malos pagadores. Todos sabemos que o que son os galegos é aforradores e para iso, certo que a veces se adoptan actitudes que poden parecer «cutres». O caso é que agora desde a base de datos do Cobrador do Frac aseguran que os galegos e os asturianos son os mellores pagadores e os andaluces e valencianos os peores. Nestes datos científico-estatísticos só caben apontar algunhas cuestións: 1ª -Que os galegos son cumpridores xa o sabiamos. 2ª -Que os asturianos son pagadores, tamén o sabiamos, pois din que son os nosos «primos». 3ª -O dos andaluces non sorprende pois se non se «curra» non hai «pasta» e 4ª -O dos valencianos tampouco, mirade o tema dos traxes e ademáis… gastan todo o esforzo en salvas de pólvora.

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en PAGANOS

AVÉSPORAS CONTRA ABELLAS

 

 

UN XAOLIN «CONTROLANDO» A AVÉSPORA

A AVÉSPORA ASIÁTICA CRUZA O BIDASOA!

Como se da invasión de Atila se tratase ou como se as tropas napoleónicas saltasen outra vez os Pireneos, Euskadi prepárase para a defensa contra este implacable inimigo das nosas abelliñas. É o que lles faltaba! Hai un tempo que andaban baixas de produtividade e cando se estaba buscándolle un remedio ao estrés que sufrían por culpa das obras, do ruido das perforadoras, dos camións… Ala! Chegan as vespas velutinas (a motovespa é outra cousa) e atacan ás nosas abellas. A sicose xa está estendida polo norte pois xa se detectaron avanzadiñas tamén en Huesca e en Cantabria. Ata o goberno andaluz xa se está preparando e iso que estas avésporas levan mal a calor. 

 De momento como as asiáticas son poucas, as nosas abellas están contraatacando usando a táctica da escuadra: catro soldados e un cabo (este só da ordes) para cada avéspora asiática. Pero, claro, non sabemos se as nosas abellas resistirán. Como están estresadas… De seguro que terán que pedirlle axuda a Abella Maya…

-Peor sería unha invasión de avespón nipón que mide 5 cm. -dixo un apicultor galego. -Se fixese mel, votaba fóra ás nosas. Por zánganas -matinou.

Desde a frente de Euskadi chega esta información: http://www.youtube.com/watch?v=vQVehR9rAk8

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

INVENTOS GALEGOS II: A MALETA SALVAVIDAS

A ELEGANCIA ANTE TODO

Ainda estaba moi recente o naufraxio do Titanic e eran milleiros de galegos os que embarcaban nos trasatlánticos cara América. A sicose do afundimento pairaba nas mentes daqueles emigrantes… Entón xurdiu o inventor anónimo para tranquilizar á pasaxe de ida… e volta tamén. As probas na ria de Vigo foron un éxito segundo se ve na foto. Só sabemos que o inventor quería exportar o invento tamén a América pero nunca soubemos se se chegou a utilizar algunha vez. Só tiña un inconveniente: levaba a metade do corpo sumerxida e en alta mar coas ondas e a friaxe non sabemos como funcionaría e menos se viñan tabeiróns!

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

INVENTOS GALEGOS: A «BOIA» SUBMARINA

O "SUBMARIÑO" E A "INMERSIÓN"

Corría o ano 1898 e España perdera Cuba a mans dos ianquis. Agora esperábase unha invasión americana das nosas costas que loxicamente eran as nosas, as de Galicia. A ria de Vigo comeza a afortalarse e o industrial e inventor vigués Sanjurjo Badía ponse a traballar na chamada «boia submarina» eufemismo que agachaba a construción dun «poderoso» SUBMARINO PORTAMINAS!!! Como os ianquis non atacaron, as fortificacións xa non se remataron e o submarino que fora xa probado con éxito (sumerxíase, si) abandonouse. Navegaba a 2 nudos por hora e sumerxíase 20 metros pero por se acaso só baixou a sete. Menos mal que o almirante Dawson non atacou Vigo… que se non…

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

O «ACCIDENTE DE CADEIRA» DE FRAGA

A IMAXINACIÓN AO PODER

De certo que houbo moita xente que pensou que Fraga tivera o accidente coa cadeira de rodas. Nas últimas informacións sobre el sempre saía sentado na cadeira e incluso tivo problemas para poder asistir aos actos aos que fora convocado: O que non sabemos é se presentou algunha alegación sobre a existencia de barreiras arquitectónicas que impiden a mobilidade dos menosválidos. Para reflexionar nestes dias de Semana Santa.

Publicado en Pais | Deja un comentario

AAAAÇUCAR!

AZUCAR DE TRAPOS

Incríble, pero certo. Alá polo final do século XIX non debía ser barato obter azúcar en Europa, agás España que a traía das suas colonias, sobretodo de Cuba. Entón, os «científicos» ingleses puxéronse a investigar como obter azúcar barato… E… Eureka! O prestixioso profesor e químico doutor Pepper (Pementa en galego) conseguiu facer azúcar de trapos vellos, basicamente de camisas. Neste experimento conseguiría obter duas libras e media do prezado e desexado produto, cacarexando o éxito en todos os xornais da época. Mais, resulta que deseguido sairon os científicos alemáns dicindo que iso non era unha novidade, que no seu país xa fixeran 500 kg de azúcar usando trapos de liño e que saía máis barato. De todas formas, esta azúcar saía ben potente pois para disolver os trapos botábanlle ácido sulfúrico para convertelos en doxtrina que logo se branquexaba con cal e leite. Logo botábaselle máis ácido sulfúrico e transformábase en glucosa, moi semellante ao azúcar de uva. E saía barato? Como isto semella un deses chistes de: «Eran tres…. Fáltanos saber que fixo o galego ante isto: Pois dixo que os trapos en Galicia eran para facer papel e foi mercar o azúcar á tenda do barrio! Sen máis trapalladas.

Publicado en Tecno | Deja un comentario

FUMAR O PAÍS

Co nome de «País» coñecíase á marihuana que se producía en Galicia alá polos anos setenta. A través da fronteira portuguesa e coa descolonización de Angola e Moçambique chegaron produtos cannábicos como a Liamba ou a Marimba que enraizaron moi ben nas terras galaicas. O mello sitio para plantalas eran os campos de millo pois este ocultaba moi ben o crecemento da planta. O secado, na plancha das cociñas de ferro ou «económicas». A venda, local ou en ambientes estudantís… Nos últimos anos a marihuana tén gañado en plantacións e comisos pola Garda Civil, ainda que o baleiro legal existente non permite moitas condenas (sempre que a produción se corresponda co consumo anual establecido) pero si permite que haxa 24 tendas (growshops) adicadas á venda e plantación desta «herba». Máis de 1.300 kg. foron incautados o ano pasado en Galicia e advírtese sobre os riscos síquicos que trae o seu consumo elevado, ainda que tamén sobre os seus efectos terapéuticos en enfermidades dolorosas (tetrapléxicos, esclerose, quimioterapia…). O seu uso xa vén de vello pois mesmo Valle Inclán xa lle adicara uns versos: Dulces venenos,/ hierbas letales / de paraísos artificiales. A todos vence la marihuana / que da la ciencia del Ramayana. Verde neumónico / cannabis indio /ex babilónico… Ou algo así, vale, colega.
 
 
 
 
Publicado en Pais | Deja un comentario

QUEN PICA? A FANECA OU O ESCARAPOTE

A FANECA E O ESCARAPOTE

PICAN OU NON PICAN?

Este anuncio nunha tenda de Boiro suscitaría un enconado debate a redor de se é a faneca ou o escarapote quen pica aos bañistas. Cientificamente, a faneca e o escarapote non son o mesmo peixe, ainda que os dous se poidan comer. O que ocorre é que ao escarapote chámanlle faneca brava nas Rias Baixas e este peixe é o que pica cunhas espiñas que tén na cabeza, producindo unha intensa dor. O escarapote (de aí, escorpión) tén varias subespecies e a máis achegada a nós é a scorpaena porcus ou porco-escorpión (ou ao revés, adepende). Os nosos mariñeiros chámanlle porco do mar pois ao sacalo da auga rincha coma un curricho. Ademáis existe a crenza de que cando abonda é que vai haber bonanza no mar. Sobre os remedios para a sua picadura, ademais das sandalias de plástico (fanequeiras), temos constancia escrita en Galicia de que o mellor é botarlle amoniaco: Así o dixo hai máis de 200 anos (1788), D. José Cornide Saavedra cando publicou o coñecido (?) “Ensayo de una historia de los peces y otra producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas, y de la redes y aparejos con que se practican”. (Nin que dicir tén que, actualmente hai libros máis breves que este título). A auga moi quente tamén é boa pero nunha praia… Onde se consegue? Ao mellor no chiringuito… Os nosos paisanos tamén din que lle vai ben botarlle mexo…

Este remedio incluso xa está en inglés:(ANOTHER SOLUTION WOULD BE TO URINATE SINCE IN THE WOUND THE RUST IT POSSESSES AMMONIA BUT THIS SOLUTION WOULD DEPEND ON THE GRADE OF SHAME OF EACH PERSON).
Pero claro, nunha praia… Porse a mexar… Bueno, coidado co amoniaco pois tén que estar diluído nunha porcentaxe. Darlle golpes á ferida serve para esparexer o veleno e apertar na ferida para que saia sangue tamén serve no alivio. Tamén coidamos que o pobo chamado Escarabote débelle o nome a este peixe.
Publicado en Zoolin | Deja un comentario

MOSQUITOS CON RELOXO

 
O «EXIPCIO» PATIRRAIADO

Senón fose porque son os culpables da epidemia do Dengue, estes mosquitos (aedes aegypti) teñen unha puntualidade xermánica ainda que son propios de América Central e do Sur. Traemos isto a conta pois os horarios de actuación (cando pican) van de 9 a 10 da mañá; de 3 a 5 da tarde e de 7 a 9 da noite. Cinco horas de traballo! Hai que dosificar as forzas pois a calor apreta moito nestes países e hai que dosificar o esforzo: Igualiño que os habitantes humanos, ainda que é posible que estes traballen menos pois hai que protexerse dos mosquitos no horario que estes volátiles actúan.

UN POLVO EMPÍRICO

Outra de mosquitos foi que un científico americano tentaba demostrar que o paludismo transmitido polos mosquitos se podía pasar a outras persoas noutros países. Marchou ao Senegal para estudar o caso e logo voltou para os Estados Unidos co paludismo. Uns dias despois de manter relacións sexuais coa sua muller, esta apareceu coa enfermidade co que o científico, sen querer, ou querendo… descubriu unha das formas de transmisión que andaba buscando. Foi sen querer? TIÑA O PALURDISMO? Usou á muller como coello (nunca mellor dito) de indias? Chi lo sá.

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

XAOLIN DO MES DE ABRIL 2011

SEVE E DOUS ALOUTADORES

Temos que nomear con todo merecemento a Severino da Estrada non só por ser o dono do Ximnasio Shaolin (Xaolin) senón tamén polo seu empeño en recuperar a Loita Galega. Xunto con outros colegas puxéronse a recabar información sobre esta «arte (in)marcial» autóctona e descubriron que xa se fala dela como un «xogo» (Dicionario Mundial do Deporte) no ano 1882 no que mesmo participaban as mulleres. As mañas, o rolo, o feixe, a cotelada, as cambadelas… son técnicas empregadas para botar aao contrincante ao chan ou fóra do circo trazado. Interesante, non? Na nosa aldea, de mozos, tamén dirimíamos as desputas cunha louta na que actuaban de árbitros os presentes, evitando «mañas» vantaxistas. Mais o de Seve and company, quizais influídos polas artes orientais, xa chegou a establecer tres categorías: a faixa gris plata (baixa); a faixa castaña (media) e a faixa negra (alta) de «mestre aloutador». Tamén decidiron o «traxe de combate» con camisola e pantalón refurcido azul escuro ou negro ???  Ademáis, xa algún político quixo denominar a este divertimento ou enfrentamento de aldea como «loita celta», igualiño que aconteceu coa música e cos porcos (celtas?), con perdón.

Publicado en Deportes extrem | Deja un comentario

NICHOS DE CORES

Sicodelia tanatoria

Sempre se falou das cores da vida, ou de «flipar en cores», pero das cores da morte pouco se ten dito. Bueno, ultimamente xa se ofertan caixas de mortos «tuneadas», reciclables ou con música pero o cemiterio de cores de Dumbría é unha pasada. A arquitecta Rosana Pichel deseñou un complexo de panteóns con 216 nichos de cores inspirada no artista Piet Mondrian e nos favores da Deputación que axudou bastante nos 2.000.000 millóns de euros do proxecto. Ademáis dos nichos, o cemiterio conta cuns voadizos móbiles que se acanean co vento sustentados en columnas que semellan árbores.  A idea semella que tivo moita aceptación e xa están adxudicados todos os nichos, rachando co tópico do conservadurismo galego nesta materia. Só un problema: Que a familia estea dacordo coa cor da tumba porque ao morto vaille dar igual… Ou ao mellor non é así, quen sabe…

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

PARABÉNS ÁS RADIOS DINOSAURIO E CUAC

EMITINDO

Desde XA-O-LIN felicitamos a Radio Dinosaurio de Soria polo seu 13 cumpreanos e ao seu «persoal» por facer deste e neste medio, algo máis útil que o que algunhas emisoras veñen facendo (radios libelo). Esta emisora, semellante á Radio Colifata arxentina, é pioneira en España. Se queredes máis información: http://fundaciondinosaurioscyl.blogspot.com/2011/03/radio-dinosaurio-de-soria-cumple-trece.html

Como RADIO CUAC da Facultade de Económicas da Coruña tamén cumpre 15 anos, engadímola aos noso parabéns polos seus contidos e divulgación de temas de interese.    Máis información:        http://cuacfm.org/web2/

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

DE VIÑO E AUGA: O RESVERATROL

DA VIÑA AO CUARTO DE BAÑO

«Éche como o viño e a auga», non se levan ben. Falso. O novo produto Sybaria está feito con estes dous ingredientes  básicos: Viño tinto (Mencía de Amandi) e auga natural (de Sousas) e tén unha gran liña de uso: Champú, relaxantes, antioxidantes, infusións, xel de baño… O Resveratrol é incríbel, non só polo su nome: tén efectos drenantes, antioxidantes, antienvellecemento cutáneo, antienrugas, anti-idade, anti- (ponllo ti). Ademáis: Se non te sastisfacen… SEMPRE PODERÁS BEBELOS! O que se fai para «colocar» os excedentes…

Publicado en Publicidade | Deja un comentario

GALEGOS RACHANDO TÓPICOS

LUISIÑO NA ESCALEIRA MÁIS FAMOSA DE GALICIA

Din as malas línguas foráneas que se te atopas a un galego nunha escaleira, non sabes se sube ou se baixa. Pois que llo digan a Gonzalo Jácome de Ourense que subiu sen parar ao Empire State de Nova York ou a Luis Calvo, «Luisiño», que subiu este ano ao mesmo edificio en 12´18´´ quedando no posto 15º. Este enxeñeiro forestal (en paro como é habitual no noso país) de Negreira, apenas tivo tempo de prepararse e para iso marchou a Portugal a subir primeiro ao Bon Xesús de Braga e logo a Santa Luzia en Viana do Castelo. Mais neste último lugar só puido «treinar» cos seus 600 chanzos de subida que son menos da METADE (maldita palabra esta) dos 1.576 chanzos  do famoso edificio. Os da radio do seu pobo para magnificar a xesta dixeron que subira 1.860 chanzos e que «na sua franxa de idade» quedara de 8º: Isto si que é «barrer para a casa». Ainda así, «Luisiño» declarou que se non fose polo «funil» da saída no que perdeu 20´´ e un «tipo» que lle fixo un «tapón» ata o andar 20º, a cousa houbese ido mellor. Mira os dous cataláns, acostumados a subir aos «castellets» (eran de Valls), quedaron moito peor clasificados. Luisiño foi financiado polo

REBAIXAS? NON. O FUNIL DA SAÍDA

concello de Negreira e «fixo patria» na sua camisola quedando entre os «MELLORES SUBIDORES DE ESCALEIRAS DO MUNDO».
Moitos parabéns por isto desde o Templo de Xa-o-lin e tamén por desmentir o tópico da escaleira e os galegos e sobretodo porque non sabemos como TE MOVICHES se… ESTÁS PARADO!
Publicado en Pais | Deja un comentario

ABELLAS RADAR

ABELLA CABREADA

Descobren que as abellas reaccionan de xeito extraño, mostrándose moi irritadas ante a inminencia dunha tempestade ou catástrofe. Entón, preguntaranse por que aos xaponeses se lles escapou este dato? Ou… por que os Ruiz Mateos non lle miraron a cara ao seu logotipo? A cousa tén a sua explicadeira: Parece ser que isto so lle pasa ÁS ABELLAS ALEMÁS!

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

A «XENEROSIDADE» VIGUESA

PARA FACER UN CALDIÑO?

Sabían que os vigueses están á cabeza en número de donantes do seu corpo ou partes del cando morran? A moitos observadores deste xesto filantrópico que serve para a investigación e os trasplantes e que pode salvar outras vidas, chamoulles moito a atención e así se verteu nos medios de comunicación. Mais o que non sabían estes «observadores» avezados é que aparte da filantropía existe uncla clara vantaxe. Saben que en Vigo, un enterro, incineración ou traslado do morto pode sair por  TRES MIL EUROS? Eis a clave: Se te desfás do morto doándollo á ciencia, evitas todos estes gastos! Moi agudos, nonsí?

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

GALIÑAS EMPÁTICAS

O GALO CANTANDO

Segundo un profundo estudo da Universidade de Bristol (Inglaterra) as galiñas senten empatía ou sexa sentimentos contraditorios, negativos. Isto acontécelles cando os pitiños se atopan anguriados. Entón as pitas, churras, polas… reaccionan con respostas fisiolóxicas e de conduta extrañas e infrecuentes.

Vaites, vaites… Asi que si. Se estes científicos da Gran Bretaña coñeceran mellor a nosa cultura milenaria, a dos galegos, claro,

A GALIÑA EMPÁTICA

saberían que iso xa o sabían os nosos devanceiros hai séculos. De onde pensan que saíu a popular cantiga aquela de: «Os galos cantan, as pitas choran, porque os pitiños durmiron fóra. Durmiron fóra «a la geada», os galos cantan, as pitas choran». Aí queda iso!

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

UN INVENTO (?) DO SÉCULO (XIX)

"OBTERÁS AUGA COA SUOR DA TUA FRENTE"

No ano 1886 un ghicho anunciaba a invención da MÁQUINA DE DESTILAR AUGA. Loxicamente non daba moitas pistas sobre este marabilloso invento que el facia moi útil para NÁUFRAGOS e PESCADORES AO PAIRO: Non sabemos por que, pero inconscientemente se nos veu a imaxe dos políticos á cachola. O certo é que non nos dá moitos datos do artiluxio pero apunta que «o frotamento é o que determina a calor necesaria para evaporar: Un home dándolle voltas a unha manivela pode conseguir nun día (24 horas sen parar?) ata 17 litros de auga». Incrible pero certo! Desde o departamento de deseño xa-o-lin, envíannos un esbozo ou boceto (MELLOR QUE O CROQUIS) do que podía ser esta extraordinaria «machina».

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

LADRÓNS DE ESTRADA

O ALCALDE CABREADO

Certamente, o titular pode inducir a pensar en bandas organizadas que asaltan aos usuarios das estradas como ben soubemos polas noticias que viña acontecendo. Mais non son eses ladróns: foron uns, ainda descoñecidos quen roubaron 150 metros cadrados de estrada nun pobo de Cantabria… Como o fixeron?  Chi lo sá. Misterio… Só se sabe que tiveron que usar maquinaria pesada. Pero… Para que querían o piche mesturado con area? Outra vez: Chi lo sá. Isto lémbranos a máquina de facer estradas que funciona nalgúns países de Europa en diversas modalidades. Se a estrada estaba feita cun destes artiluxios, entón podemos entender que puidesen levarse un cacho… Vexan e deduzan que nós xa estamos cansos de debullar os miolos. Nen o Grande Mestre e Sabio xa-o-lin atopou resposta coherente pero mandounos este video ilustrativo:

http://www.youtube.com/watch?v=UymdI1zXuI0&feature=player_embedded

ÚLTIMA HORA: Problema resolto. O rouba-piche foi un veciño cabreado que alegou que arrincara o pavemento porque ese tramo de estrada está sobre a sua propiedade. Agora terá que demostralo ou repoñer o piche. Que carácter o dos cántabros!

Publicado en Pais | Deja un comentario

UN GALEGÁRABE: O «CAID» MANOLO

MANOLO FACENDO PATRIA

Moi poucos saben (agás o escritor Vázquez Figueroa) que o galego Manuel Rodríguez Piñeiro foi o fundador do protectorado e colonia español de Aiún en África. Hai 70 anos, este paisano chegou (non sabemos como, pero chegou) ao forte militar de Cabo Juby e alí fixo (contra toda natura) grandes amizades cos temibles Tuareg, os homes azuis e nómadas do deserto a quen chegou a coñecer mellor que aos propios veciños do seu pobo en Galicia. Pouco despois da sua chegada xa se funda a cidade chamada Aiún, capital da colonia española. Se isto é extraordinario, máis chamativo é o nome que leva a cidade: Aiún. Poríanlle este nome porque o único extranxeiro era Manolo? Non nos cabe dúbida: Aiún, en galego xa sabemos o que quere dicir e en castelán=Hai uno. Si señores, alí só había un de fóra e ese era Manolo. E de aí vén o nome da cidade. Ou non?

Publicado en Uncategorized | 2 comentarios

CONCURSO DE FEOS

EU SON ASÍ

Un concurso de feos foi finalmente prohibido polas autoridades competentes por FOMENTAR A DISCRIMINACIÓN!

Serían as mesmas autoridades que PROHIBEN FUMAR, QUE PROHIBEN IR A MÁIS DE 110, QUE PROHIBEN BEBER, QUE PROHIBEN…?

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

COMO SON OS «CACOS» COLOMBIANOS

O LORO-GATO COLOMBIANO

Recentemente, dos ladróns de Bogotá foron sorprendidos roubando nun dos barrios pobres da cidade e alguén avisou á policía que iniciou a sua persecución sen poder collelos… Como os ían cachar se os ladróns se refuxiaran no cárcere de La Picota. Claro que unha vez alí, foron detectados e… alí quedaron. Os gardas dixeron que era a primeira vez que lles ocorría iso. Se estes «cacos» tivesen a picardía duns seus veciños, isto non lles pasaba. Resulta que os colegas destes tiñan un loro que os avisaba cando viña a policía, dicindo: «Miau, miau, que te pilla el gato». Os policías alucinaban con isto pois a pesar das vixilancias e dos chivatazos nunca daban prendido aos ladróns. E claro, agora sabemos isto todo porque ao final colléronos. Non sabemos se prenderon ao loro por cómplice pero nun país como ese, seguro que está preso… no zoo da cidade, claro!

ISTO É PURO OCIO

Mais, a veces, non é preciso ir tan lonxe para atoparse con casos semellantes. Pasou que aquí, en Galicia, a policía toleaba buscando a dous «cacos» autóctonos. Sabían que andaban cerca pero… nada! Ao final, resulta que os ladróns galaicos estaban… no cárcere en Portugal!

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

GALICIA: ONDE TODO É POSIBLE

ADEUS RIOS...ADEUS FONTES...

En Vilagarcía van desviar un rio porque pasa por un garaxe. Ainda que o máis lóxico era non deixar facer un garaxe enriba do río, agora a cousa xa está feita e hai que facer como Mahoma: Se a montaña non ven a min, vou eu a ela. E todos contentos… Así, sen máis. Ademáis… Coa de rios, regos, levadas, canles… que hai en Galicia. Quen non constrúe encima sen fixarse!

Publicado en Pais | Deja un comentario

MÁIS NONTICIAS

XOGOS DE GUERRA

JOER, QUE RELAX

Na aldea de Viñó (Hio-Cangas) montaron unha empresa de xogos de guerra para (din) desestresarse. Os principais clientes son executivos (executores?) e parellas enfadadas (?) Hai anos, perto de aquí, tamén se montou un negocio semellante. Pero o que máis nos chama a atención é que a propietaria se apelide Paz e se dedique a montar guerras.

AS CLASES ALTAS VIVEN MÁIS QUE A BAIXAS

Vaia novidade! Que os ricos viven ata dez anos máis e mellor que os pobres é evidente. Para iso non fai falla ser un lumbreras: A mellores salarios, mellor nivel de vida.

Publicado en Pais | Deja un comentario

VES BEN OU TÉS QUE POÑER LENTES?

A MIÑOCA, A TOUPA E TOPOGIGIO

Os anuncios tentan chamar a atención da xente sobre un produto ou marca. Pero hai empresas que xa só co nome se autopublicitan: Este é o caso dunha óptica chamada MIÑOCA. Sabemos que o agudo propietario (e retranqueiro?) lle puxo o nome por estar situada nunha praza coñecida popularmente con ese nome. Pero xa postos a buscar nomes, non lle viría mellor o rótulo de Óptica TOUPEIRA?

E por seguir con anuncios retranqueiros de ópticas, velaquí como se anuncian no extranxeiro estes establecementos:

http://www.youtube.com/watch?v=tLul8ohDC3g

http://www.youtube.com/watch?v=JhISSSpkFSs&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=mh_cGm7uW6I&feature=related

Publicado en Publicidade | Deja un comentario

OS SABIOS DA XUNTA E DE YAHOO

OUTROS CASOS MÁIS DE IGNORANCIA

GALEGO, GALEGA OU GALLEGA?

Que á Xunta lle importa tres pementos o galego, xa o demostraron. Que non teñen máis remedio que facer o paripé, tamén. O LEITE É GALEGO E NON GALEGA que eso es la leche! E que paguen cos nosos cartos unha campaña (un millón de euros ) cun anuncio así, xa non tén por onde collerse: Onde está Normalización Lingüistica e os que traballan nese departamento cobrando? Ah, claro, o bilingüismo. Pero isto é unha marca ou unha promoción?

ESTAS VACAS NON RIN, FALAN GALEGO

E OS DE YAHOO… TRABALLAN NA WIKIPEDIA?

Que nos ignoran, vamos! Que ignoran quen somos. Que ignoran que o portugués e o brasileiro son a mesma lingua. Que ignoran que ambas proveñen do galego-portugués. A graza que pretenden é que cando se viaxe a algún país, saibamos como se di SAÚDE na sua lingua. E poñen como se di en moitos idiomas. Pero fíxense como se di saúde en Portugués e en Galego:

Brasileño: Saude,   Viva (Será porque está vivo e goza de saude?)
Catalán: ¡Salut!
Coreano: Kong gang ul wi ha yo.
Euskera: Osasuna.
Portugués: ¡Á vossa!        Queeee?, Cooomo? Quen llo dixo?
Gallego: Salud.    (En castelán, claro)

Publicado en Pais | Deja un comentario

NONTICIAS ALUCINANTES

O LADRÓN NARCOLÉPTICO

NARCO-LÉPTICO

Vaia por diante que a narcolepsia non é unha enfermidade dos narcos. Un curioso amigo do alleo foi detido pois mentres roubaba un coche quedou durmido. Dez dias despois foi detido outra vez mentres desvalixaba unha vivenda. Esta vez levou a un colega con el para non quedar roque pero fixeron moito barullo e un veciño avisou á policía e trincaron aos dous, esta vez por «durmírense nos loureiros». E falando de narcolepsia… Sabían vostedes que a vacina contra a gripe A que se collía a través das galiñas e dos ovos, produce esta enfermidade do sono? E se ao mellor o ladrón tiña esta gripe e non o sabía? As autoridades debían meter man neste asunto, xa!

A VASOIRIÑA ASASINA

A VASOIRIÑA E A OCCISA

Un individuo matou á sua nai coa vasoiriña do váter. Bateu nelacon tanta saña que lle desfigurou toda a face. E é que non se pode facer apoloxía deste artiluxio, por iso está sempre agochado nun recanto pola sua perigosidade. Por certo, que un 80% das persoas declaran sentirse máis seguras coa vasoiriña, diante dunha agresión, que cun arma de fogo. Para que logo digan.

COMO UNHA CHIVA

Un experto neste tipo de asasinatos tamén matizou que ao mellor o home estaba influenciado polas letras do coñecido cantautor «El Chivi» que fixo moi famosa a sua canción: «Biografía no autorizada de una escobilLa de váter»

SALAMÁNTIGA AUTÓCTONA

SALAMÁNTICA ANDALUZA?

A un descerebrado, non se lle ocorreu outra cousa que coller tres bichos destes nunha «poza» e poñerse a vendelos por internet a 12 euros cada un. E claro, foi cachado e agora tén que pagar unha multa que nindiola: Non sabía que eran unha especie protexida… Ademáis, se todos fan o mesmo, Galicia pode quedar sen anfibios… ou réptiles?

Publicado en Pais | Deja un comentario

A NOSA ESCOLA DE XAOLINCIÑOS

Por primeira vez en moitos anos mostraremos unhas instantáneas das actividades as que se someten e practican os nosos xaolinciños para enfrentarse á dureza da vida fóra do templo. A preparación é exhaustiva e as actividades baséanse nos máis avanzados (e ao tempo milenarios) principios pedagóxicos xaolininianos.

SPORT EXTREM GASTRONOMÍA ANATOMÍA XARDINERÍA

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

LOUVANZA DO HIYAB GALEGO

GALEGAS CO PANO

Traemos aquí o caso da moza árabe que a van expulsar do seu colexio en Arteixo porque as normas do centro non permiten ter a cabeza cuberta no seu interior. A alcaldesa o concello di que isto é unha parvada e pide, igual ca dirección do centro, que se pronuncien as autoridades educativas (léase concelleiro). Mais ata o de agora, nada, que nones: as autoridades deste impaís están desaparecidas eclaro así non se pode pronunciar ninguén. Entanto, reflexionemos -como dixo o Gran Mestre Xaolín. E engadiu: Nese impaís xa non se lembran de que a maioría das mulleres lucían pano na cabeza habitualmente e que mesmo forma parte do seu traxe típico? E nunha reflexión máis profunda ainda, sentenciou: Ao mellor, as mulleres galegas de antano non podían estudar porque levaban pano na cabeza! Aí fica iso…

Publicado en Pais | Deja un comentario

ALEVOSO ASASINATO DUN PORCO XAOLIN

KU-RRI-CHO XA-O-LIN

Traemos ao noso Habituario a morte alevosa dun porco vietnamita que residía en Aldán (Cangas), moi lonxe dos seus lares paternos. Fora adoptado por unha familia deste pobo e fozaba a pracer polos arredores da casa de acollida sen meterse con ninguén. Mais un día un veciño disparoulle coa escopeta desde a ventá da sua casa, alegando que o confundira cun xabarín. A consternación apoderouse dos seus pais (?) de adopción e de moitos veciños que lle profesaban xa moito cariño. Nin que dicir tén, que o «cazador» alevoso foi denunciado á Garda Civil, asegurando que a paixón

A FAMILIA E O PORQUIÑO

que este veciño tiña pola caza, levábao a dispararlle desde a ventá a todo o que se movía, xa fose terrestre ou volátil. E non tiña licenza de armas!

Non sabemos que pasou con este «cazador» miope e ilegal e menos sabemos que lle aconteceu ao cadáver do porco xaolín. Ainda que, sabendo que estamos en Galicia  e non era difícil imaxinar o seu derradeiro destino, o certo foi que o bacoriño rematou… DESECADO!

Publicado en Habituario | Deja un comentario

XAOLIN DO MES (Marzo)

DAVID VIDAL (Ex-xogador e entrenador) «O TROTAMUNDOS DE PORTOSÍN»

Este galego merece esta distinción por representar a perseverancia ante as dificultades a parte do alto contido filosófico que emana das suas reflexións e comentarios: Xenio e figura!

UN AUTÉNTICO XAOLÍN MOLLÁNDOSE

Agora, encara un novo reto de salvaequipos en declive para que o destitúan ao fin de tempada. Mais esta vez, escarmentado, xa renovou por outro ano máis co Albacete Balompié pase o que pase. Iso di el pero non sabemos… El xa sentenciou: Estes chicos teñen pouco fondo…

Referencias

  1. Luis Nieto – As (22 de abril de 2008). ««Clemente fue mi profesor y me puso un cero en táctica»».
  2. Liga de Fútbol Profesional. «Ficha de David Vidal Tomé». Consultado el 9 de mayo de 2008.
  3. www.marca.com. «El técnico que mejor entendió al ‘mago’ en sus años de gloria». Consultado el 9 de mayo de 2008.
  4. CDlogrones.com. «Historia 1990-1999». Consultado el 9 de mayo de 2008.
  5. JORNADA/EFE (5 de noviembre de 2003). «El Rayo Vallecano no confirma aún a su nuevo técnico».
  6. Óscar Sanz – El País (17 de enero de 2003). «David Vidal alborota mientras hace historia».
  7. Mora Tejada, Damián (2007). Corazón grana. Crónica de cuatro generaciones y un centenario (pp. 341, 347). España: ADC Alternativas de Comunicación S.L.. ISBN 978-84-935839-1-0
  8. Jornada, El Día (16 de diciembre de 2003). «David Vidal es el entrenador de la UD Las Palmas hasta 2005».
  9. Asier Abino – UDLasPalmas.net (6 de abril de 2004). «David Vidal ya no es el entrenador de la U.D.».
  10. Maria Josep Sangenis – El Mundo (13 de junio de 2006). «Regreso a los infiernos».
  11. Juan Villar – La Voz de Galicia (28 de septiembre de 2007). «El trotamundos de Portosín y su hijo, al mando del Elche».
  12. Diario Marca (13 de octubre de 2008). «El Elche destituye a David Vidal».
Publicado en Pagoda | Deja un comentario

BENVIDA A UNS NOVOS XAOLÍNS

SHO HAI CO PUCHO XAOLIN

O curioso do asunto é que el ignórao e nós tampouco o sabiamos -reflexionou o preboste xaolín encargado de localizar xaolíns extraviados polo mundo. O jicho é de Zaragoza e canta en Hi-ho que é a fala dos cuadrúpedos, mais o seu nome (Mestre) SHO HAI delátao. É un xaolín galego, posiblemente reencarnado (ou reazulado…(?)) pois o seu nome traducido ao castelán é «Ya lo hay». Sabemos que anda moi perdido e xúntouse cuns jichos que silabean (ou regueifan) que se fan chamar Violadores del Verso. A ver que di o Gran Mestre Xaolín disto. Entanto, podedes velo neste video.

http://www.youtube.com/watch?v=cKwaZREDs0c

SHOJI KOJIMA: Un flamenco (xitano?) xaponés

KOJIMA E AS NIPOXITANAS

"EL KOJI": FLAMENKARATE

 

Anda este xaolín de xira por España e estréase en Xerez cunha obra baseada en «La Celestina». É unha pena que lle dera por iso e non pola nosa muñeira e a gaita. Pero bueno, xa sabemos o que lles vai o flamenco a estes nipóns. Só hai que ver a Usun Yun… A nós, o asunto nin nos quita ni pón

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

ENTROIDO XAOLIN

Como andamos no tempo de Entroido, podedes ver aquí como o celebra pola sua conta e risco un xaolín xaponés

http://www.youtube.com/watch?v=iIzmU4MsanY

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

CRISANTO NON TIÑA NADA DE SANTO

ONDE ANDAS, CRISANTO?

Como xa sabedes todos, Galicia é un país no que adoita desaparecer a xente: uns emigran, outros van mercar tabaco  e non volven, outros ingresan na Santa Compaña, outros van ao monte ou a pescar e desaparecen… Incluso hai mortos que desaparecen! Como Crisanto, o empresario que desde hai uns meses saiu misteriosamente do nicho… e ainda non se sabe del. Bueno, del non se sabe pero cousas del si que sabemos. A primeira, é que hai unha boa herdanza polo medio que ían repartir os seus fillos. A segunda, que aparece un fillo extramatrimonial que tamén quere parte do quiñón. E para demostralo, pois veña, proba de ADN ao canto. Nisto, é cando desaparece o Crisanto do nicho… Non fai falta ser un xaolín para caer da burra! Mais resulta que daquí a un tempo, móstrase que o demandante de paternidade si que é fillo de Crisanto pois unha das fillas lexítimas xa tiña doado o seu ADN. A pasa outro pouco de tempo, é resulta que aparece outra filla extramatrimonial do Crisanto! A xuiza do caso xa tolea: Tres fillas por un lado, logo outro fillo e agora outra filla máis. Como siga a cousa así, vai resultar que todos os da comarca son parentes… e se sabelo.

Ante a noticia de que a Xunta de Galicia vai MANDAR PARLAMENTARIOS E PARLAMENTARIAS PARA RESOLVER O PROBLEMA DE NATALIDADE (?)que temos, un experto xaolín en socioloxía e cousas da gaita informou ao Parlamento do Hórreo que este problema debíase sobretodo á perda de homes como Crisanto e que en Galicia xa quedan poucos como el: Que fose capaz de deixar unha fortuna e que tocase tan ben a gaita. QUE O ATOPEN XA DUNHA VEZ! Xa hai quen pide un monumento para el como é habitual neste noso País onde escasean os herois.

Publicado en Pais | Deja un comentario

BICHOS RAROS

Nos últimos meses temos recibido un bombardeo de nomes raros de seres que conviven entre nós e mesmo dentro de nós. E… nós sen sabelo. Menos mal que a sabedoría xaolín nos acompaña…

NEUMOCOCO

NEMATODO

Sabiades que Galicia é a única comunidade do Estado onde vacinan aos nenos contra o NEUMOCOCO? Se os vacinan será porque este ser case descoñecido habita en nós desde ben pequenos. Non sabemos que foi o fotógrafo pero temos unha imaxe (movida claro) deste bicho. Outro animaliño que se fixo famoso nestes días foi o NEMATODO (Non é un peixe como Nemo) que lle deu por trincar todo canto piñeiro houbese. Por isto, os nosos paisanos deron en chamarlle «Levatodo». Parece ser, segundo os expertos xaolíns, que é da familia dos bursaphelenchus xylophilus e transmíteo o psicodioscórides. Con estes nomes, claro, a Xunta non dá acabado con el e así nos vai: millóns de euros en perdas. E que non se estenda!

VIEITEZIANA

Outro bicho que convive con nós e a Vieitezia luzmurubeae (non é vasco) da familia dos nemertinos (non é unha tribo galaica) e foi atopada, que xa é dicir co pequena que é, nas Illas Cies. Uns científicos fodechinchos andiveron a fuchicar no mar e atopárono a pesar de que só mide 2 cm. O condenado do bicho, co pequeno que é, resulta que é hermafrodita e, claro, dálle por «introducirse» nas ascidias para… reproducirse!

Mais a cousa non queda aí pois estes mesmos expertos en localizar bichos pequenos xa tiñan atopado anos atrás ao lineo longuisimus: Unha miñoca mariña de… 30 metros de longo! Esta vez foilles máis fácil dar do bicho. Agora xa só queda por averiguar se estes bichos son comestibles o que sería moi importante para acrecentar a xa escasa fauna das rias e así poder crear outra festa gastronómica: A FESTA-PAPAROTA DO LINEO. EN CALDEIRADA DECONSTRUÍDA.

Publicado en Zoolin | Deja un comentario

CACAO MARAVILHÂO

CHAVEZ E O CACAO (Mental?)

O CACAO DA GAROTA

Nun congreso sobre este produto, celebrado en Barcelona, uns empresarios do ramo manifestaron eufóricos que o cacao sería en breve unha fonte de riqueza maior que a do petróleo e a da auga. Baseaban a sua afirmación en que este derivado do chocolate NIN É ADITIVO, NIN ENGORDA e que moverá miles de millóns de diñeiro en todo o mundo. Iso si, ao remate da sua eufórica intervención (non sabemos se motivada polos efectos do chocolate) matizaron: OLLO, O SEU CONSUMO NON SUSTITÚE AO SEXO!

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

POLICIAS EN PRECARIO

BALA RETORNABLE E APATRULLANDO

Meaño é un pequeno concello da provincia de Pontevedra que conta na plantilla con cinco policías locais. Un día, o alcalde (non sabemos se a petición dos uniformados) armou aos policías con cinco pistolas e mercou 1.000 proxectís (ou sexa balas) para elas. En principio, cada policía recibiría unha pistola e cincuenta balas, pero algo raro ocorreu pois tres axentes non queren usar as pistolas e dous deles si que as levan. Ademáis, resulta curioso (sospeitoso no argot policial) que os tres obxectores sexan os que cobren máis soldo e os empistolados nen sequera fixeron o curso de entrenamento do uso de armas na Academia da Estrada. Esta situación, por se non fose xa peripatética «per se», acentuouse e mesmo foi noticia ao negarlle o alcalde a munición. Entón, os dous policías, ao que se ve, amantes das armas, pedíronlle prestadas (coa promesa de devolvelas) dez balas cada un aos seus colegas de San Xenxo (Sangenjo para os de fóra) para apatrullar máis seguros. Desta situación folkgalaica, xorden como sempre as necesarias aclaracións: Para que mercou o alcalde as pistolas e as balas? Por que obxectan tres dos axentes máis cobróns? Se gastan algunha bala como lla devolven aos colegas de San Xenxo? O cutrerío do alcalde é por antibelicista ou por outros ocultos motivos? De seguir nesta actitude o máximo rexidor do concello, rematarán apatrullando os axentes igual que os da foto?  No asunto das balas xa se pronunciou sabiamente o mestre xaolín, propoñendo que lle poñan un cordel a cada bala e así poderán recuperalas facilmente despois de disparar, igual que nas escopetas dos nenos que levan un corcho enganchado.

Publicado en Pais | Deja un comentario

CEREBRO DE LAMPREA

HAI QUEN COME ESTES BICHOS

Cando o archimandrita xaolín lle chamou «cerebro de lamprea» a un colega non estaba a dicirlle un simple exabrupto pois sabía de sobra que este bicho (a lampreia en luso) tén a seseira menos complexa dos vertebrados. Noutra ocasión, chamoulle «foca monxe» pero nen se inmutou pois era as duas cousas, gordo e xaolín. Como todos sabedes, a lamprea pasa cinco anos enterrada (buried) e logo marcha para o mar onde se parasita nas baleas e golfiños para sucarlles o sangue. Mais o curioso é que uns científicos de Vigo e outros suecos (hai lampreas en Suecia?), todos expertos en neurobioloxía celular, colleron teima co asunto do cerebro e andan a estudarlle os ganglios basais ao bicho para explicarse, supomos, algunha actitudes humanas propias de seres elementais. Polo visto, din que as lampreas non teñen os membros a pares coma nós (dous brazos, duas pernas… pero só un pene?) e por iso lle están a mirar os mixines para distinguir os seus tipos de motoneuronas. Ah, os suecos andan nesta lideira porque as lampreas andan a paparlle os salmóns e iso non llo poden permitir a un bicho tan curto de mente e tan feo.

Non sabemos tampouco que sairá disto, pero en principio xa cuestionan aquelo de chamarlle «cerebro de mosquito» a algúns humanoides.

Publicado en Tecno | Deja un comentario

ENCICLOPEDIA DO CAN

Comentario serodio de taberna con bafo etílico: «E para que queres comprar a enciclopedia se o teu can non sabe ler».

SEN PALABRAS (CLARO)

Publicado en Publicidade | Deja un comentario

A BATA CONSOLÍDASE COMO ICONA GALEGA

Bata reflectante

BATA REFLECTANTE GALEGA

Por se non fose pouco o xa publicado sobre a bata anteriormente, agora enteirámonos de que mesmo existe unha tese de licenciatura apoiada nun traballo de investigación sobre esta prenda tan peculiar. Xa forma parte da idiosincrasia deste país ata tal punto que Gonzálo Vázquez, un deseñador de Vilaboa que se deu a coñecer polas suas creacións vestiarias para obras de teatro e grupos musicais, fai fincapé en que a bata é xa un símbolo de Galicia.

Unha cousa que nos chamou a atención deste deseñador é que é quen se encarga de preparar o vestiario para a película «O Divino Ferrete», primeira (en) cinta porno galega. A cuestión que se plantexaron os xaolíns e que segue a ser motivo de (enconado) debate é… que carallo de vestiario se pode deseñar para unha película porno se nestes filmes pasan a maior parte do tempo en porranchas?

Mais volvendo á bata, facémonos eco dunha campaña da Dirección Xeral de Tránsito (tráfico en Galicia xa se sabe: É outra cousa) para que as nosas mulleres vistan o chaleque reflectante cando vaian pola estrada a visitar á veciña, cando vaian a coller as patacas ou sachar na leira, etc. Dada a importancia que xa adqueriu a BATA, desde o centro de I+D+i xaolin, propoñemoslle a DXT que en Galicia se use en exclusiva o modelo que se ve na foto. Agardamos que por unha vez nos fagan caso.

Publicado en Pais | 1 Comentario

XA-O-LIN HONORARIO

alfonso-ruedaDon Alfonso Rueda, segundo mandamáis da Xunta, merece esta honra pola profunda filosofía que exuda, semellante á dos nosos colegas do templo, e que pretende inculcarlle aos alcaldes e militantes do PP.

 

Sen dúbida será un exemplo para todos nós, humildes mortais e disciplinados xaolins. Amén.

Publicado en Pais | Deja un comentario

POLIeCIA 3

ENFRENTAMENTO EN CANGAS ENTRE TAXISTAS E POLICIA

NON DEBERÍAN DAR EXEMPLO?

Durante un «apatrullamento» nocturno, os taxistas reclamáronlle aos «polilocais» que multasen a un vehículo que ocupaba a parada de taxis. Os policias fixeron caso omiso pois ían a atender «outro servizo» d orde pública. Cando chegaron os policías, os taxistas non só afearon a conduta dos policías senón que lles aplaudiron a sua ineficacia no asunto. En definitiva: Que aos taxistas lles caeu unha multa de 600 euricos per cápita. Mais, o que chamou a atención dos veciños non foi esta trifulca entre os «servidores da noite» senón as palabras dos taxistas que ameazaron aos policias con non «volver a informalos» de asuntos e cuestións que eles ven e saben…

E nós sabemos xa desde que se inventou esta profesión que o mellor taxista debía ser mudo.

taxistas

O asunto tivo a sua repercusión mediática  e ata Davila o da viñeta do Bichero no Faro, deixou constancia deste anecdótico e oneroso suceso.

Publicado en Pais | Deja un comentario

VEHÍCULOS XA-O-LIN

A afección do compañeiro «Chapas» polos automóbiles levouno a ir gardando algúns dos vehículos usados polos xaolíns ao longo do tempo. Algúns son restaurados e o máis moderno é un Xaolinmóbil eléctrico usado nas visitas multitudinarias polo Gran Mestre Xa-O-Lin. Nin comentar que o que máis lle gusta aos xaolins é o coche eléctrico de choque pero coa música da pista a tope.

TRONCOMOBIL

CARROPAIS

BISCUTER

ISETTA

GOGOMOBIL

GOGOTRESRODAS

"GOLFELÉTRICO"

BISCAPOTABLE E COCHE (ELÉCTRICO) DE CHOQUE

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

MOLLANDO A PALLETA

XAQUÍN E A PALLETEIRA

Un monxe do mosteiro Xaolin, coñecido como «O Palletas» porque non para de falar, adicou case toda a sua vida a investigar sobre esta peza fundamental da gaita pois sen ela, a gaita non emite sonidos a non ser o do monótono roncón. «O Palletas» comunícanos os últimos avances nesta materia e apunta que Xaquín Míguez, un músico de Pazos, patentou unha máquina para facer palletas e que xa enviou a Madrid a documentación sobre este aparello extraordinario do que mesmo saen afinadas. Pero este apaixonante mundo das palletas, apenas coñecido dos profanos da gaita,

tén unha vertente científica da que se encargan os especialistas de Inxeñaría Acústica da Universidade de Vigo que andan á procura da chamada «palleta sintética».  Este

grupo de pescudadores da palleta sintética contan cun artiluxio chamado «Sonitum» que conta cunha cámara semianecoica (?) na que colocan a palleta para evaluar o seu comportamento. De atopar a «palleta sintética», o invento do mestre Xaquín vai ter un competidor, o que provocará, como é habitual entre as tribos do noroeste, unha «guerra da palletaS» entre os tradicionais e os innovadores. Entanto non sucede, «O Palletas» xa lle quita importancia ao asunto aseverando que o importante e a evolución e mellora da gaita.

Publicado en Hailalalelo | Deja un comentario

Por fin chegará a Wi-Fi o templo co estandard 802.11ac

Wi-Fi acOs da IEEE pretenden sacar un novo estandard, o 802.11ac, que promete alcanzar unha velocidad de conexión de ata 1Gbps e tamen aumentá a sua area de cobertura. Esperamos asi pode coller o internet da biblioteca municipal,  e mellorar a nosa conexion que ata agora é a traves dun modem V. 21 de 300 baudios.

Teremos que agardar por esta tecnoloxia ata o 2012 cando se prevee que se publique o estándar. Algúns investigadores vaticinan mil millons de aparatos compatibles no ano 2015.

Como ben dicía o Emperor Xiaowen, quen mandou construir o templo no ano 495 despois de Cristo:.

-Paciencia, aprendede a esperar, se vos concetrades e meditades, a conexion virá moi veloz polo aire.

Publicado en Tecno | Deja un comentario

O Rivas Mar e o Portela Siete fan aboiar o Nuevo Vencedor

Nuevo VencedorUnha via de auga no casco do Nuevo Vencedor fai que este se afunda a escasos metros do porto.

Ao parecer o buque topábase faenando próximo a unhas rochas cando, tras embestir con estas, produciuse unha via de auga que non lle permitu chegar ao porto.

E = mg = \rho_\text{f} gV \;

Publicado en Pais | Deja un comentario

O «MILAGRE» DE PALOMARES

Cúmprense agora 45 anos da caída en Palomares dunha bomba nuclear, desprendida dun avión dos EEUU. Ainda agora, o goberno español e o americano acordaron descontaminar a zona da radioactividade demostrada na zona á que se culpa de doenzas extrañas entre os veciños da contorna. Daquela, un B-52, código Tea 16, reabastecíase a 10.000 metros de altura cando nunha manobra errada co avión cisterna, esnafráronse os dous sobre Palomares onde caeron catro bombas. Os americanos deprazaron técnicos que rescataron tres bombas quedando a cuarta no fondo do mar e moita radiación por plutonio. Daquela calaron o tema, tanto os americanos como o goberno franquista, informando só do acidente aéreo. Mais a prensa americana destapou a gravidade do asunto chegando o asunto das bombas e da radiación a España que estaba a vivir daquela o bum turístico europeo na zona. Se a noticia actual é que por fin van a abordar dunha vez este problema, a noticia daquela época foi o xa «histórico» baño en Palomares do embaixador americano e do ministro de Información e Turismo Manuel Fraga para demostrar que a zona e a auga non estaban contaminadas. Do embaixador americano nada sabemos pero hai quen apunta que o carácter e lonxevidade de Fraga proveñen dos efectos deste baño, amáis da publicidade gratuítaque supuxo para a marca «Meiba» que os persoeiros lucisen aqueles modernos traxes de baño que secaban sos (outro milagre?) ao sair da auga.

Publicado en Pais | 1 Comentario

R. I. P. DON FELISINDO

NECROLÓXICA: El titular de las parroquias de Tamaguelos, Tamagos y Mourazos (Verín), Felisindo Rodríguez Fernández, falleció por complicaciones tras una caída sufrida recientemente en la madrugada de ayer, a los 77 años de edad. La parroquia de Santa María de Tamaguelos acogerá esta tarde, a las 16,30 horas, el funeral por su eterno descanso. Oración que se repetirá, por deseo de la familia, mañana, jueves, a las 16,00 horas en su pueblo natal, Dozón (Pontevedra), donde será enterrado.

DON FELISINDO E O PETO DE ÁNIMAS

PANEXÍRICO: Este párroco naceu en Dozón un 16 de octubre de 1933 e con 25 años cumpridos foi ordenado sacerdote. O seu primeiro destino foi en outubro do 1959, na ourensá parroquia d´O Couto. Un ano despois foi trasladado á San Cibrao de Oímbra. Desde finais da década dos 60 e ata hoxe, don Felisindo exerceu de “pastor” nas igrexas de Tamaguelos, Tamagos e Mourazos; un ministerio que, desde o ano 1979 e ata a sua xubilación, compaxinou coa de profesor de Relixión no instituto verinense e empresario de pompas fúnebres. Don Felisindo era moi coñecido pola sua activa participación e afiliación ao PP e inefable “conseguidor de votos” e ademáis pola sua amizade co seu veciño e tamén desaparecido Xosé Cuiña -conselleiro de Política Territorial con Manuel Fraga en varias lexislaturas de Fraga. Este, mesmo era, íntimo amigo do cura e por iso se dicía que don Felisindo andaba na Xunta como “San Pedro pola sua casa” por aquelo de que presumía de ter as chaves que abrían moitas portas. Porén, foi máis coñecido por haber sido sentado no banquiño dos acusados, xunto co daquela delegado daquela Consellería, Amador Vázquez, e de técnicos dese mesmo departamento, acusados de comezar unhas obras na comarca de Verín antes de que fosen adxudicadas pola Xunta que era quen as financiaba. Esta “chapuza administrativa”, como foi cualificada polos xuíces, dilucidouse finalmente sen consecuencias xudiciais pero supuxo daquela, un gran escándalo público e mediático. Outra cuestión, apenas coñecida deste personaxe, foi o “regalo” á muller de Fraga a través dun anticuario local, do Peto de Ánimas da sua parroquia (Ver romance fronteirizo). O feito foi denunciado ás autoridades anos despois ao aparecer o peto na finca do chalé de Fraga en Perbes, segundo unha reportaxe fotográfica da revista Hola! As autoridades políticas e culturais nen se moveron e deron a calada por resposta. Outra “anécdota” deste coñecido cura foi o enfrentamento cunha funeraria local cuxo lema era “Dios los llama y Evaristo los entierra”, por causa dun morto na estrada reclamado por don Felisindo para as sua empresa de pompas fúnebres. Co morto na cuneta, presentouse don Felisindo dicindo: “O morto é meu”. Ante a pasividade da Garda Civil que levantaba atestado, o cura de Tamaguelos fíxose co fiambre sen máis.
O actual alcalde de Verín, o popular Juan Manuel Jiménez, destacaba loxicamente o labor político deste cura suliñando as suas múltiples “iniciativas e proxectos pensando sempre no benestar veciñal e que cando viña ao Concello, facíao pedindo para outros”. Claro, así se explica que o peto de ánimas de Tamaguelos estea desde os anos setenta na finca de Fraga en Perbes. Don Felisindo descansa por fin, eternamente, outravolta en Dozón de onde pensan moitos veciños que nunca debeu sair. Amén.

Publicado en Habituario | Deja un comentario

EXTRAÑA DESAPARICIÓN DE PEIXES

A GAVOTA, O ESTANQUE E O XAOLÍN

Un novo estanque estaba a piques de se inaugurar en Lourido (Poio). A tal fin, botaron nel 200 carpas que desapareceron nun prazo dunha semana. Os veciños puxeron en coñecemento das autoridades o misterioso asunto. Así non se podía inaugurar! Por iso as autoridades locais mandaron indagar sobre o sucedido: Pensaron deseguida nun veciño famento pero as pescudas deron negativo. Entón montaron un dispositivo especial, destinando unha patrulla da policía local á vixilancia do estanque. Ao pouco, este «operativo» colleu «in fraganti» aos autores: Eran as gavotas! A solución proposta foi a de facerlle un acobillo aos peixes e así cando os amigos de Nemo visen que se achegaban, só tiñan que dar a alarma e correr ao refuxio. A dia de hoxe, non sabemos se resultou ben esta gran idea. O xao-lin encargado do estanque dos «peixes devoradores» do mosteiro e moi coñecedor das gavotas (militara en Alianza Popular antes de ingresar no mosteiro) propuxo como máis sabia solución a que nos envía nas fotos (a da dereita é el mesmo dándolle de comer aos «devoradores).

Publicado en Pais | Deja un comentario

O escritor Labarca mexa na tumba de Borges para «homenaxealo»

LABARCA "MODULANDO"

O narrador chileno Eduardo Labarca reivindicou a portada do seu máis recente libro, «El enigma de los módulos», na que aparece mexando sobre a tumba do escritor arxentino Jorge Luis Borges. «Quen se vai ofender? Se se ofenden é porque teñen unha visión moi curta, non creo que se ofendan», declarou o chileno na edición dominical do diario Perfil, de Bos Aires. «O meu acto tén dous significados: homenaxe ao mestre e repudio ao (Borges) cidadán», sinalou Labarca, de 72 anos. «Estando ancián, case ceego, veu a Chile a saudar ao ditador (Augusto) Pinochet nos días en que estaba matando», expresou o literato, que reside en Austria. Labarca espera que a familia de Borges tome este asunto «con humor borgiano» (información de EFE). Labarca aparece así na foto de portada do seu libro «El enigma de los módulos» e sobre este «escándalo» para algúns borgianos, engade: «Borges era un xigante como escritor pero como persoa, un ser despreciable». Igualiño que algún «borgiano» que coñecemos aquí en Galicia.

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

O «CUCO» PORTUGUÉS

O MESTRE DE CULINARIA

De todos é sabido que os ourensáns ao non ter mar, optaron por invadir Vigo primeiro e logo Samil na tempada do estío, basicamente. O que non saben os escasos vigueses con «pedigree» é que esta actitude tén unha compoñente atávica que provén xa desde a Idade Media ao pertencer a Illa de Santistevo (Cies) ao mosteiro de Coruxo (Vigo) que á sua vez dependía de Celanova (Ourense). Mais o caso é que co tempo, Samil foi mudando os «okupas» ourensáns polos portugueses (a culpa foi de Siniestro Total?). E así lles foi. Non sabían que tamén os portugueses reclamaron estas terras como propias. Non oiron falar do Conde de Camiña? Pois entón que non se extrañen de que un veciño luso (que non iluso) optara por facer o churrasco a pé de praia ENCHUFANDO A GRELHA NOS BAÑOS PÚBLICOS! O peor xa non foi que o cacharon os «munipas» e agora o Concello lle reclame o custe do «suministro irregular». O peor, segundo testemuñou o luso, foi que se lle estragou a churrascada!

Publicado en Pais | Deja un comentario

HISTORIAS DE POLI & CIA 2

coche policicia

coche policia

Uns policías de Tui, apatrullaban a cidade e nun momento baixaron do coche para atender un alboroto. Deixárono encendido e foron a cumprir co seu deber. Cando volveron, o coche non estaba! Tíñanllo sustraído, como din eles. Preguntado un dos axentes polo acontecido, respondeu con toda tranquilidade: «Só é por facer daño…» O certo é que ao día seguinte apareceu o coche abandonado nas aforas pero non se soubo quen foi o «sustraedor».

Publicado en Pais | Deja un comentario

HISTORIAS DE POLI & CIA

Ainda hoxe non se resolveu o caso da misteriosa desaparición da coca almacenada nun garaxe do cuartel da Garda Civil do Grove. Os gardas foron expedientados e os albaneis que traballaban en reparacións no garaxe dixeron que eles non foran. Supoñemos que os investigarían a fondo, non? Segundo a opinión do mestre Xao-Lin, a coca non se moveu do garaxe, senón que os albaneis, ante a falta de xeso, recebaron as paredes con aquelo branco que había naqueles sacos e que semellaba xeso. Elemental, querido guasón!

AFORRANDO MATERIAL

Publicado en Pais | Deja un comentario

SE NON HAI ÁRBORES NON HAI INCENDIOS?

Mentres o alcalde de Caldas de Reis quere ter a carballeira urbana máis bonita de Galicia (Ben de Interese Cultural desde 1962), a Xunta opta pola eliminación de superficies arbóreas non sabemos con que estraña intención. Resulta que en Cascaxide – Escuadro (Silleda) había un bosque cheo de carballos e acibros que a sua dona deixou en mans da Xunta. Un día, a propietaria achegouse para ver como utilizaba o noso goberno as suas propiedades cedidas: NON ESTABA O BOSQUE! TODAS AS ÁRBORES FORAN TALADAS! 150 Carballos e acivros, ademáis doutras árbores ata o número de 2.650 exemplares, desapareceran. A dona montou en cólera e foi a falar co responsable deste desaguisado e (ir) Responsable de Conservación da Xunta. Este respondeulle que tiña permiso de Medio Rural para facelo e ademáis engadiu: Señora. «Es un bosque como otro cualquiera». Saquen as conclusións que queiran que a nós, a pesar de posuir unha filosofía todo a Zen, nos sobrepasan estas cousas. E se queren mercar un bosque, pois vaian a Inglaterra pois o goberno deste país vai vender os que son da sua propiedade (o 18% do total) é dicir, de todos os ciddáns: Hainos que desde o poder (pronúnciese o pe con jota) xa fan calquera calquera cousa con tal de paliar a crise: Por que non traballan pola Patria gratis?

TALADOS POR TARADOS

TALADOS POR TARADOS

Publicado en Pais | Deja un comentario

O DEMO FUMADOR

o demo fumador

O DEMO FUMADOR

Resulta que anos antes da prohibición de fumar, xa se producira un altercado por culpa dun cigarro. Os veciños de Oia (Vigo) tiveron discusión e trifulca co cura da parroquia en plena procesión por culpa dunha tradición que algúns din que é centenaria. Na festa dos Liñares adoita sair unha imaxe de San Miguel pisando un demo ao que os veciños, antes de baixar o santo, lle colocan un cigarro na boca e así vai na procesión. Pero o cura dixo que nones, que o demo non fumaba e tapoulle a boca con silicona. E así se montou a liorta, ao ver o párroco que o demo levaba un xaruto, esta vez na man. Ao final, a actitude conciliadora do cura permitiu que se celebrase a festa e a procesión. De momento e grazas á ministra, o demo nonpode fumar na igrexa pero si na procesión. Non sería isto cousa do demo?

Publicado en Pais | Deja un comentario

CAMA PARA PEREZOSOS

cama xaolin

CAMA XAO-LIN

Nun manuscrito dos arquivos do templo Xao-Lin, o colega Lang deixou este precioso manuscrito (1885), enteirado de que á vella Europa tiña chegado a civilización do ocio e que a moitos era imposible erguelos da cama. A transcrición do xaolinés é a seguinte: Un mecanismo da cama desperta ao individuo cun repique xeral de campás. Se o suxeito en cuestión non fai nen caso e segue a durmir encéndese unha luz cegadora. O individuo entón frotarase os ollos e unha man artificial quitaralle as sábanas e o gorro de durmir. Por medio do fervor da auga dunha máquina automática chega un arrecendo a café ao tempo que volven a sonar as campás. Se a estas alturas, o tipo segue a dormir, un resorte bótao da cama embaixo, deixándoo esparrado no medio da habitación. Descoñecemos se este «invento» tivo éxito pero queda bastante claro que os xaolineses teñen moito tempo para pensar.

Publicado en Pais | Deja un comentario

UN EDIFICIO DE LUGO ALEJARÁ A LAS AVES (Atlántico Diario)

OUTRO NIÑO DE LA GUÍA? (Niñodaguia)

"RAPACES" ASUSTANDO AS AVES

edificio aves lugo

Nunha primeira ollada, este titular pode causar unha mestura de abraio ao que inmediatamente lle segue unha certa curiosidade morbosa que incita a ler todo o artigo: Un edificio intelixente que axota os paxaros? Ao seguir co subtitular tampouco se nos aclara moito a cuestión senón que se complica mais ao ser o Instituto Lucense de Desarrollo Económico y Social (INLUDES) quen pretende con esta medida evitar que os paxaros se esnafren contra da grande superficie acristalada do centro turístico da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.  Até aquí só queda clara unha cousa e esta é que semella imposíbel que dous organismos oficiais, recoñecidos e serios, ainda que dependan da Deputación de Lugo, fagan tal uso da imaxe dos meniños. Ou será que os cativos lugueses mostran nas suas faces un aspecto tan fero ou distinto dos demais e por iso que son os mais aptos para tal mester? Por moi louvábel que sexa o obxectivo proteccionista de aves menores e collendo a cousa pola parte mais encomiable, é dicir, humanos menores salvando paxaros menores. a cousa non deixa de ter o seu aquel ainda que como se afirma xa se probou con éxito noutros dous lugares de Lugo.

Certo que a noticia en si non dá para mais que saber que é o INLUDES. Mais nunha segunda e concienzuda lectura, xa nos decatamos de que todo é un erro de transcrición do galego ao castelán propiciado polo descoñecemento da nosa lingua: O que se vai a colocar nos cristais son imaxes de aves RAPACES para que ao velas fuxan os paxariños. E claro, nunha, coidamos que precipitada tradución, o inefábel titulador mudou o de rapaces por NIÑOS. Mais despois dunha xa pormiudada revisión do texto ainda nos segue a quedar unha dúbida: Non será que nas imaxes das aves RAPACES aparecen estas, pousadas nos seus NIÑOS? Pero niños y rapaces… “no son la misma cosa?” –inqueriu alguén. Pois non, son cousas do galego… e da “ignorancia supina” que dicía o outro.

Publicado en Pais | Deja un comentario

MILITAR PHILOSOPHIE

A Brilat informa sobre a sua intervención nos incendios e manda a primeira foto. Nas outras seguimos a «filosofía» do pé de foto enviado.

Publicado en Pais | Deja un comentario

PAXAROS CALADOS NON FAN MAL AGOIRO

Este refrán valía hai anos na nosa Galicia supersticiosa pero o que está a pasar con estes voadores xa nos tén mosqueados. Miramos unha vez como nos incríbles Estados Unidos chovían ras e logo dixeron que fora un tornado que as elevou e que as soltou cando parou a sua voráxine ventoleira. Pero que 5.000 merlos caian fulminados todos xuntos en Arkansas xa é cousa de meigas. Bueno, o pobo onde aconteceu isto chámase Beebe e en principio pensamos nunha alucinación etílica dos seus moradores. Logo, os expertos dixeron que se morreran de estrés causado polos fogos artificiais, que se polas condicións meteorolóxicas (treboada con saraiba), que se por o tornado de turno… Bueno, o caso é que agora xa ninguén se lembra disto, agás nós os «xaolíns» que seguimos pescudando no tema aparecendo casos xa en Europa: En Falkoping (outra vez as copas) na Suecia tamén caeron fulminados deceas de paxaros. Esta vez (ah, a vella Europa intelectual) os científicos dixeron que fora por «violencia física extrema» (?). En Faenza, ao norte de Italia apareceron mortas 400 pombas na estrada de entrada ao pobo. Gli cientifici italiani dixeron co seu punto histriónico e despistado que era unha fábrica da zona con malos fumes, logo que  se foi unha enfermidade vírica ou un envelenamento masivo… Este estudo firmábano os do Instituto Zooprofiláctico de Lugo e xa empezamos a mosquearnos. Logo comprobamos que tamén hai outro Lugo, alá na Emilia – Romana. Que alivio! Xa o estabamos relacionando co asunto das aves na cidade amurallada galega que logo vos contamos. Por se a cousa das aves non chegara, en Alemaña as galiñas enchen os seus ovos de dioxinas nunha porcentaxe 78 veces maior que o normal. Agora si, o talento alemán é o talento alemán: a culpa é dos piensos pois levan exceso de ácidos graxos que provocan unha especie de gripe aviar. Agora saben que o que vendían como BIO xa non é unha garantía e as «galiñas felices» como lles chamaban, resulta que o eran porque estaban dopadas. Que guevos se botan estes teutóns! Claro que esta enfermidade, e pola mesma causa, tamén a transmiten os porcos e a carne de vacún. Coidado co que se come ainda que se nos diga que vale máis paxaro en man que cento voando. Afectaralle isto as escolas infantís da «Galiña Azul»? Olliño!

Publicado en Pais | Deja un comentario

A CURIOSA PREDICIÓN DO TEMPO EN PORTUGAL

De todos éPEDRA DO TEMPO sabido que Portugal ainda conserva unhas profundas raíces tradicionais que se mostran a calquera paso que damos pola sua xeografía. O tempo meteorolóxico tamén é nese territorio un tema adoito recorrente en canta conversa se dá. Este país colocado en longa franxa norte – sur, amosa innúmeras zonas climáticas que provocan, pese á actual tecnoloxía, moitos desatinos nos encarregados da información meteorolóxica. Polo tanto, para resolver estes problemas dunha vez por todas, os responsabeis do asunto decidiron pór en marcha un sistema que nunca fallase en ningunha das distintas zonas do país, incluídas as insulares Açores e Madeira. E lanzados á modernidade pero sen perder nen unha farangulla do esencial, o Serviço Meteorológico portugués vén de colocar estes paineis de Previsão Meteorológica para que o cidadán conte coa información do tempo mais precisa que xamais se viu. Si, señor: A tradición, irmanada coa precisión mais absoluta. Isto si que é I+D+IT (o T é de tradicional). Xa poden botarse a tremer os xaponeses, ianquis, suizos… ante tan grande e tan barata mostra de avanzo tecnolóxico ainda sen globalizar. Por iso non conviña moito difundir este sistema pois sería interesante que os de Meteogalicia o incorporasen como contraste fiabel aos seus partes meteorolóxicos.

Publicado en Tecno | Deja un comentario

Busqueda de Gas frente la costa gallega

Publicado en Pais | Deja un comentario

PORCA MISSERIA!

chourizosO antes e despois do latrocinio organizado

Despois de roubarlle un «poni» hai unha semana, agora róubanlle 160 ducias de chourizos e oito xamóns a uns veciños de Pazos (Verín). Non sabemos se comeron o «poni» pero quedou claro que prefiren os animais xa «despezados» e ben curados. Algo moi curioso na noticia xa é o titular: «ROBAN 160 DOCENAS DE CHORIZOS Y JAMONES DE CUATRO CERDOS».

Vaia que as palabras «chorizos» e «cerdos», como teñen outras connotacións, poidan inducir a erro. Pero o de sustituir «jamones de cuatro cerdos» por oito xamóns ainda nos crea máis dúbidas pois «robar los jamones de cuatro cerdos» pode levar a pensar noutra cousa. Ao mellor é a influencia da «raia» portuguesa pois como sabedes os veciños lusos tamén se refiren a «pés de cabalos» en vez de cabalos cando contan o número que integra un escadrón de cabalería. Vgr.: «Alá venhem mais quatrocentos pés de cabalos» quere dicir que veñen cen cabalos. Bueno, algo imos aclarando mentres a Garda Civil ainda anda coas pescudas e moi confusa.

Publicado en Pais | Deja un comentario

MILAGRE NA IGREXA DE SEOANE

O cura de Seoane no Carballiño notaba algo raro no viño que estaba a usar na misa. Probouno varias veces e sabíalle distinto ao habitual polo que só bendeciu o pan. Pronto deduciu que era LICOR CAFÉ!. Que facía este licor na sacristía? Claro que o sacristán xa era moi velliño e de seguro que «julipou» o moscatel. Logo, claro, tivo que repoñelo e ao non haber outra cosa… E se foi un feligrés que llo regalou ao cura e o sacristán trabucouse de botella? E se foi un milagre como o de Canaan que a auga mudou en viño? Misterios insondables ao pé da igrexa…

Publicado en Pais | Deja un comentario

SABER GALEGO E ENTENDER O GALEGO?

Moita xente presume de que sabe falar e que entende ben o galego. Para mostra un botón: Uns inspectores da Xunta foron a un hospital a preguntar por un paciente do que demandaban certa información pois mudárase a un piso e recibira unha axuda institucional para pagalo. Ao chegar ao hospital, preguntáronlle por el a unha enfermeira e esta díxolles: Ese señor «foise». Os inspectores concluíron que xa o deran de alta e foron ao seu domicilio levándose a sorpresa de que o tal señor pasara a mellor vida que foi , nen máis nen menos, o que «diplomáticamente» lles dixera a enfermeira.

Publicado en Pais | Deja un comentario

FITNESS AUTÓCTONO

O sistema LEGHON fai furor desde que os humanos se fixeron sedentario. Agora reaparece este ancestral sistema fruto do «apego» á Terra que din que temos os galegos e galegas.

Publicado en Publicidade | Deja un comentario

A BATA DAS MULLERES GALEGAS

un dos modelos máis estendidos no paísHai xa anos que o sabio Julius se percatou de que nos telexornais comarcais da TV Galega era case obrigada unha entrevista a señoras que andaban a facer as faenas da casa e todas tiñan en común… Que levaban bata!  O asunto este da bata deunos que pensar e  investigamos sobre o asunto: Hai xa cento cincuenta anos nunha poboación galega montouse unha trifulca por culpa das batas. á feira do lugar chego unha partida de batas de Madrid destinadas ás pescantinas, tratantas e labregas. Mais ao ser diferentes das habituais, as señoritas da vila quixeron facerse con elas montándose unha liorta que trascendeu moito naquelas datas. Agora, as feministas, (non sabemos se o sabio Julius espallou as suas teorías) tomaron esta prenda tan popular como icona (con perdón) das suas reivindicacións e incluso fixeron unha curtametraxe que haberá que ver.

Aquí pódese ver un avance sobre o contido da película:

http://www.youtube.com/watch?v=0meJfgFPrdc

Publicado en Pais | Deja un comentario

MODELOS DE ASADORES DE CASTAÑAS USADOS EN GALICIA

EVOLUCIÓN ASADORES CASTAÑASDo Courel a Tui, da Coruña á Seabra, nestes meses de outono, os galego despregan toda a su imaxinación e apetito, artellando asadores que melloran a calidade, deseño e funcionalidade dos antigos tixolos. Para que digan que non aplicamos o I+D+i

Publicado en Pais | Deja un comentario

AS CASETAS CANTORAS DE CANGAS

Antano era a serea de Massó quen marcaba as horas de Cangas, agora é o asubío das casetas de pescadores quen marcan as horas de insmnio dos veciños. Iso si, advirten dos temporais como modernas nereidas solidarias cos mariñeiros. Dous arquitectos foron os perxeñantes destas gaiolas como lles chama a xente e incluso recibiron premios polo seu deseño que non funcionalidade. Agora din que incluso se maravillaron delas os «xaponeses» pois no seu país fan construcións que «cantan». O cao é que estas enormes xaulas traen de cabeza a Portos e a Xunta que non saben como solucinar o problema. Pois é ben fácil: Colocar uns paneis móbiles controlados por ordenador que se abran e se pechen teledirixidos a vontade ou programados. Ou máis ecolóxico ainda, poñendo unha tarabela que ao xirar co vento mova un rolete como o das pianolas ou caixas de música e vaia abrindo as comportas  ou «teclado» para emitir a melodía. O inconveniente sería mudar o rolo cada vez. Así poderíanse tocar pezas de música a man ou pregravadas co que o asunto non só deixaría de ser un problema senón un gran atractivo turístico. Ademáis, agora os galvanizados (contra o ruido) serían os veciñosQue se vaia xubilando o carillón da Caixa e a sua repetitiva Negra Sombra.

Publicado en Pais | Deja un comentario

VIQUINGOS EN BUEU E O ASTRONAUTA DE CANGAS

O gravado do "turista" e os barcos

Que se preparen os de Catoira. Polo visto, hai moitos anos, os feroces do norte andiveron de turismo en Bueu. Un deles, abraiado pola fermosa paisaxe, decidiu non esquecerse desta bela vila e dixou o seu nome, segundo se conta, nunha peneda xunto cos barcos que os levaran ata alí. Bueno, o certo e que na runa parece lerse algo máis que Bueu…

 

 

Fixándose ben vese o nome Cangas na lua e o astronauta no momento de gravalo

A un de Cangas que foi astronauta (era dos da Nasa) tamén se lle ocorreu gravar o nome da sua vila na Lua e ninguén o sacou nos medios…

Publicado en Pais | Deja un comentario

DESCONTENTO CO SEU FÍSICO

Sen ánimo de compararnos coas xentes doutros tempos pois agora hai dietas, pílulas, xaropes e ximnasios para manter o tipo, cabe destacar os consellos que neste tema xa se seguían hai cento cincuenta anos. Ao que se ve, hai cousas que hoxe non nos cadran ben. Lean:

«Sin castigar el cuerpo con exceso, hai que aligerar la dieta suprimiendo las grasas (quesos, mantecas…) y rebajando los estimulantes como las bebidas alcohólicas: Debe usarse el vino con moderación, evitar excesos gastronómicos, así como dormir más horas de las que pide el cuerpo. El sueño inmotivado durante el día se combatirá con café. El paseo debe terminar a las cuatro de la tarde.

Publicado en Pais | Deja un comentario

O ARCEBISPO ROUCO VARELA MONTA UN «CEPILLO» ON-LINE

Como se fose unha lista de voda, Rouco recada cartos na «rede» ou na patela, ofertando 39 «produtos» procedentes da igrexa: copóns, cálices, uniformes… Con isto espera recadar 47 millóns de euros que di que é o que custan estes obxectos…
Incrible! A Igrexa mercadeando na rede! Pronto chegará a misa, a novena… e o enterro on-line. Todo se andará…

Viquinga Cepillos marionos desde 1953

Publicado en Pais | Deja un comentario

CANTANDO EN GALEGO NA INDIA

Os nenos da escola María Soliño na India cantan «A saia da Carolina» e «Chorar, chorei». Entanto aquí en Galicia cántase «La falda de Carolina» en castelán.
compróbao nestes enlaces

Publicado en Pais | Deja un comentario

Un Monxe Xaolin

O monxe Xaolin se lle vai a cabeza

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

A GHAVOTA OMNIPRESENTE

Todos os da costa sufrimos as consecuencias das ghavotas. As suas «incontinencias» aéreas sufrímolas todos: Na cabeza, na roupa, nos coches… Por iso nos contenta o proxecto do Concello de Vigo  (socialista-nacionalista) ao anunciar con rotundidade que rematarían con esta lacra: REDUCIREMOS EL NÚMERO DE GAVIOTAS ATACÁNDOLAS EN SUS NIDOS! Tal como están as cousas, semella ser un asunto eco-político segredo dirixido a minar as bases dos da ghavota encastillados no porto de Vigo.

Para máis información: 

Publicado en Pagoda | Deja un comentario

Vargas Llosa

Vargas Llosa, declara sobre o seu libro e esclarece malentendidos dos galegos.

Xa nos copiaron. Máis información en Faro de Vigo, domingo 10 outubro. Julián Hernández escribe sobre «El sueño del Celta».

Publicado en Pais | Deja un comentario